Noticias Persoal Outras novas A CIG-SAÚDE exixe á Consellaría de Sanidade que debata na Mesa Sectorial o incremento de 19 millóns de Euros da produtividade variábel que recolle o borrador da Lei de Orzamentos para o ano 2017
 
 

A CIG-SAÚDE exixe á Consellaría de Sanidade que debata na Mesa Sectorial o incremento de 19 millóns de Euros da produtividade variábel que recolle o borrador da Lei de Orzamentos para o ano 2017

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20170109 19 millónsO goberno do PP decretou no ano 2010 a conxelación dos acordos retributivos do persoal do SERGAS, acordos vinculados á penosidade na prestación do servizo, traballo en quendas de noite, domingos e festivos e gardas. Desde ese ano a Consellaría de Sanidade négase rotundamente a falar da recuperación do acordo retributivo 2008/12, da carreira profesional, dos acordos de atención primaria, mentres ás agachadas fai incrementos retributivos parciais.

Se agora, como di o Sr. Feijóo, hai recuperación económica, as partidas destinadas a incrementos salariais deberían ser obxecto de tratamento e negociación na Mesa Sectorial do SERGAS. Así debería ser cun goberno que respectase os órganos de representación e o dereito á negociación colectiva.

Os 19 millóns de incremento que se recollen nos orzamentos do 2017, deberían ser o inicio do desbloqueo dos acordos conxelados. Esta partida orzamentaria daría, cando menos, para desbloquear os acordos de atención primaria, e os incrementos retributivos correspondentes ao ano 2010, que se recollen no acordo de mellora retributivas 2008/12.

Se o goberno do PP e a Consellaría de Sanidade actuasen de boa fe, iniciarían na Mesa Sectorial do SERGAS a negociación para a recuperación das retribucións que veñen roubando durante estes anos.

Os incrementos retributivos teñen que ser debatidos e negociados na Mesa Sectorial, para garantir que ningunha/un traballadora/or é discriminado. Tampouco deben estar vinculados, en exclusiva, a unha pretensión de aforro na calidade asistencial sen máis.

O que pretende o PP é trasladar as/os profesionais a responsabilidade do aforro, e unha imaxe negativa dos profesionais cara a opinión pública e as/os doentes: se queres cobrar máis non receites.

Todas e todos as/os traballadoras/es da sanidade contribúen na prestación do servizo, todo traballo debe ser recoñecido, e por iso todas e todos teñen dereito a recuperar os seus salarios. Non podemos consentir unha política de persoal que discrimina retributivamente as/os traballadoras/es.

ESIXIMOS QUE ESES 19 MILLÓNS DE EUROS FORMEN PARTE DA RECUPERACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO SERGAS

TODAS E TODOS PRODUCIMOS, TODAS E TODAS DEBEMOS RECUPERAR SALARIOS

               

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto