Noticias Persoal OPE Data dos actos de elección de destino da OPE 2013 (Enfermeira/o e Médica/o de Familia) e cadro de prazas a oferta
 
 

Data dos actos de elección de destino da OPE 2013 (Enfermeira/o e Médica/o de Familia) e cadro de prazas a oferta

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse no DOG as resolucións que anuncian as datas dos actos de elección de destinos para as persoas que obtiveron praza na OPE 2013 (categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia), así como o cadro de prazas a ofertar:

  • Elección de destino OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF
  • Elección de destino OPE 2013 Médica/o de Familia. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF

O acto de elección de destino para a categoría de Médica/o de Familia terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 9.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino para a categoría de Enfermeira/o terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 11.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Os actos de elección desenvolveranse consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra as resolucións publicadas hoxe, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir de mañá.

Máis información na páxina do SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto