Noticias Persoal Outras novas A Mesa Sectorial do SERGAS debe iniciar, de inmediato, a negociación da recuperación dos acordos conxelados desde o 2010
 
 

A Mesa Sectorial do SERGAS debe iniciar, de inmediato, a negociación da recuperación dos acordos conxelados desde o 2010

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

As organizacións sindicais CIG-SAÚDE, CCOO, CSIF, SATSE SAE e UGT, esixen ao goberno galego e á Consellaría de Sanidade, que, de inmediato, se inicie na Mesa Sectorial do SERGAS a negociación da recuperación dos acordos de mellora de condicións de traballo e salariais, conxelados desde o ano 2010.               

Se estamos na senda da recuperación económica, e froito disto o Presidente da Xunta decreta para el, e para os altos cargos do seu goberno un incremento salarial do 7.5% e do 7% respectivamente; non pode seguir conxelando as nosas retribucións indefinidamente.

A recuperación dos acordos non é un incremento salarial, senón respectar o dereito das/os traballadoras/es da Sanidade Pública a recuperar os salarios roubados nestes anos. Xa que estes salarios son froito da negociación colectiva na Mesa Sectorial, e coma tales acordos teñen carácter de norma.

Estamos a falar de recuperar os seguintes dereitos salariais:

O das/os traballadoras/es de atención primaria a percibir o 100% da retribución dos conceptos de festividade e nocturnidade

Desde o ano 2010 están a cobrar o 80% do valor da atención continuada

O dereito de todas/os a percibir as retribucións que o acordo salarial 2008/10 recolle para os anos 2010-11-12, que sitúa as retribucións da atención continuada (domingos, festivos e gardas) na media das retribucións dos diferentes servizos de saúde.

Coa conxelación do acordo 2008/12, as retribucións dos complementos de atención continuada que se perciben no SERGAS están á cola do que se cobra no resto de servizos de saúde.

A recuperación de suba salarial, para todos os colectivos que recolle este acordo.

O dereito de todas e todos a percibir a retribución da carreira profesional. Tamén conxelada desde o 2010.

Pendente de executar no réxime extraordinario: persoal diplomado sanitario, persoal sanitario de Formación Profesional e persoal de Xestión e Servizos.

Pendente de Negociar: enlace entre o réxime ordinario e o extraordinario, e a carreira ordinaria.

Recuperación do 100% do complemento retributivo en situación de I.T

O persoal do SERGAS tamén ten dereito a enfermar. Como en Función Pública, presentación do parte de I.T aos 3 días. Polo que nos 3 primeiros días non cabe desconto da nómina.

 Participa. O teu salario é froito do teu traballo, que non cho sigan roubando.

 

20170201 cartaz concentración orzamentos 2017 B

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto