Noticias Persoal OPE OPE 2014-15: Publicada a baremación definitiva e aspirantes seleccionados/as
 
 

OPE 2014-15: Publicada a baremación definitiva e aspirantes seleccionados/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás baremacións definitivas da fase de concurso da OPE 2014-15, e ás persoas aspirantes seleccionadas:

  • RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as. Descargar PDF

INFO OPE pequeno 150pxOs/As aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde mañá para a presentación da documentación correspondente (ver resolución).

Os/As aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no mesmo prazo, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditadas.

Importante. Persoas con praza en propiedade en funcións de Técnicos/as de farmacia:

Para os efectos do disposto na disposición transitoria primeira.2) do Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde, os/as aspirantes seleccionados/as nesta categoría que, na data do 4 de marzo de 2010 tivesen a condición de persoal fixo e permanezan desde a dita data no desempeño de postos de traballo cuxo contido funcional se correspondan coas funcións asignadas aos técnicos en farmacia, deberán manifestar tal circunstancia dentro do prazo do mes seguinte á publicación desta resolución no modelo que para o efecto consta na páxina web www.sergas.es/emprego público. Xunto con tal declaración, o/a aspirante deberá achegar certificación orixinal da dirección do centro en que conste a categoría profesional con vinculación fixa que teña, data de toma de posesión, así como as datas de inicio e fin do desempeño do posto de traballo en funcións de técnico/a en farmacia. O/a aspirante fará efectivo o seu dereito de opción na data en que teña lugar o acto de elección de destino.

Máis información sobre a OPE 2014 na páxina do SERGAS. Para a OPE de Técnicos/as de Farmacia (OPE 2015) aquí.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto