Noticias Outras novas Outras novas CIG-Saúde denuncia que o SERGAS está a promover a Fundación ‘Red Madre’ desde a súa páxina web e entre o seu cadro de persoal
 
 

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS está a promover a Fundación ‘Red Madre’ desde a súa páxina web e entre o seu cadro de persoal

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Pola contra, non informa sobre outras asociacións de mulleres que defendan outras alternativas


CIG-Saúde denuncia que a consellaría de Sanidade está facendo uso da web do Sergas, que é un espazo público de información sanitaria e profesional, para adoutrinar á poboación e aos traballadores/as promovendo as posicións defendidas pola Fundación ‘Red Madre’, en contra da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.

 

Para CIG-Saúde é inxustificable que a administración pública utilice os espazos profesionais para difundir as súas ideas ou crenzas relixiosas e tratar impoñelas. Máis grave aínda, é que nun correo remitido a todos os traballadores e traballadoras se lles indique o link da páxina de ‘Red Madre’ onde se recolle un chamamento a participar na manifestación convocada para o pasado día 3 de xuño en Madrid en contra da devandita lei.

 

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde manifesta que “é paradoxal que mentres que a Xunta de Galiza ordena a intervención das forzas da orde pública para disuadir as manifestacións pacíficas das plataformas sanitarias, faga un chamamento masivo, aos 35.000 traballadores/as, para participar na manifestación de Madrid”.

CIG-Saúde solicita da conselleira de Sanidade que faga un uso debido da páxina web do SERGAS que se limite a dar información legalmente estabelecida e que non se utilice de forma partidista para impor as súas crenzas.

 

Compostela, 8 de xullo de 2010

 

María Xosé Abuín

 

Secretaria Nacional de CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto