Noticias Persoal Contratacións Previsión de publicación de listas de contratación SERGAS e información Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Previsión de publicación de listas de contratación SERGAS e información Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

Información sobre a previsión de publicacións das listas de contratación, facilitada hoxe polo SERGAS na reunión da Comisión Central:

Entre marzo e abril procederase á apertura das listas de contratación das categorías de: Albanel, Carpinteira/o, Telefonista, Costureira/o, Perruqueira/o.

Preguntado polas listas das especialidades de Enfermaría que faltan por abrir, o SERGAS indica que están traballando na súa próxima apertura, sen dar previsión de data.

Marzo:

  • Provisionais das categorías de enfermaría (Enfermeira/o, Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Enfermeira/o Especialista do Traballo, Enfermeira/o do 061), Médica/o de Familia, Médica/o de Urxencias Hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria.
  • Definitivas das categorías de Técnicas/os Superiores Sanitarias/os, TCAE e Técnica/o de Farmacia. (2ª quincena)
  • Publicación das listas provisionais da Lei 17 (Saúde Pública), primeira quincena.

Abril:

  • Provisionais de PSX, Calefactor/a, Condutor/a, Electricista/a, Fontaneiro/a, Mecánico/a.

Maio:

  • Definitivas de enfermaría (Enfermeira/o, Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Enfermeira/o Especialista do Traballo, Enfermeira/o do 061), Médica/o de Familia, Médica/o de Urxencias Hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria.
  • Provisionais de Psicóloga/o Clínica/o, Farmacéutica/o de Atención Primaria, Fisioterapeuta, Logopeda, Médico/a Coordinador/a do 061, Médica/o Asistencial do 061, Médica/o do Traballo, Odontóloga/o, Terapeuta ocupacional, Traballador/a Social.

Outros puntos tratados na reunión a instancias da CIG:

- Esiximos que se cumpran os compromisos asinados na acta de fin de negociación do pacto de contratacións do 2016:

  • Inicio da negociación das listas de FEAs.
  • Posta en marcha do grupo de traballo para a análise e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais do SERGAS.

- Expuxemos a proposta de que nas listas autonómicas, agora que se poden marcar as áreas de preferencia, se permita, que no prazo de un mes desde a publicación das listas definitivas, a aqueles/as aspirantes que se atopen vinculados a un contrato de longa duración nunha área na que non teñan marcada a preferencia, poidan solicitar a renuncia sen penalización nos mesmos termos que se está a facer para un cambio de área. A Admón solicita que remitamos a proposta por escrito para valorala para a seguinte comisión central.
- Denunciamos que nalgunhas áreas non teñen un criterio do que significa 3 meses para o acceso dos titulares do pool a contratos da lista xeral. A Admón entende que 3 meses son 90 días.
- Esiximos que se estableza un criterio para os chamamentos para cobertura de ITs en áreas especiais, para que se determine cando teñen que darse pola lista xeral, e cando polas listas de áreas especiais.
- Solicitamos que todos os contratos de médico/a de familia se rexistren no LICOT.
- Denunciamos que en Santiago se está a saltar a lista de TER de forma contínua para a cobertura de TAC e RMN.
- Por enésima vez denunciamos o mal uso, o abuso e a mala xestión que se está a facer das listas do pool, e esiximos que se utilice para o que está acordado.
- Denunciamos que na área de Vigo seguen a saltarse ás persoas con informes da UPRL negándolles incluso contratos de longa duración.
- Denunciamos que nas listas definitivas de pinche e celador/a hai persoas ás que se lles retiraron puntos de formación porque se cambiou a catalogación dos cursos de informática baremables para estas categorías.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto