Noticias Persoal Traslados Información Comisión Técnica Concurso de Traslados para categorías de licenciadas/os sanitarias/os
 
 

Información Comisión Técnica Concurso de Traslados para categorías de licenciadas/os sanitarias/os

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta reunión a Admón. fíxonos entrega do borrador da resolución do concurso de traslados de FEAS, e o anexo de prazas da convocatoria. Ábrese un prazo ata o 13 de marzo para enviar alegacións.

Prazas a convocar 599.

Convócanse 599 prazas para as categorías de Facultativas/os de Hospital, Médicas/os de Urxencias, Médicas/os Coordinadoras/es e Asistenciais do 061 e Médicas/os de Documentación e Admisión.

Infórmannos de que neste concurso deixaron fora da convocatoria 3 prazas de alta tecnoloxía no hospital da Coruña: 1 de oftalmoloxía, 1 de ciruxía cardiaca e outra de radiodiagnóstico.

→Bases da convocatoria.

  As bases son coma nas convocatorias anteriores.

  • Persoal con reingreso provisional. Está obrigado a participar e solicitar todas as prazas da área onde está reingresado provisionalmente. De non participar quedaría en excedencia por interese particular.
  • Renuncias e modificacións da solicitude presentada. Durante o prazo de presentación de solicitudes, e por escrito con rexistro de entrada, a/o solicitante poderá presentar a renuncia á solicitude presentada, ou poderá presentar modificacións á mesma. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes non caben nin modificacións nin renuncias.
  • Persoal en situación de excedencia por incompatibilidade no sector público. O persoal que participe desde esta situación deberá presentar por escrito copia da resolución de excedencia.
  • Persoal que concursa desde fóra do SERGAS. Coma en anteriores concursos debe presentar por escrito os méritos rexistrados no FIDES.
  • No baremo puntúase a ser titora/or ou colaboradora/or docente. Páxina 15 do documento.

Fóra deste TRASLADOS SERGASpunto coma CIG-SAÚDE solicitamos que se convocase de inmediato un concurso de traslados para todas as categorías, sanitarias e non sanitarias.

A subdirectora comentou que o plano de estabilidade que van presentar xa contempla o concurso de traslados para o persoal sanitario. Esta plano de estabilidade levámolo agardando desde o mes de decembro.

Para o persoal non sanitario van experimentar co concurso aberto e permanente, isto tamén o levamos escoitando desde fai un ano. Ademais, o concurso de traslados aberto e permanente é unha desas cousas que di o conselleiro que imos ter, e que por iso non podemos recuperar os acordos retributivos. Reiteramos a nosa petición de que neste ano ten que haber unha convocatoria de concurso de traslados para todas as categorías.

ITINERARIOS PROFESIONAIS

Pendente de publicar o decreto. O devandito decreto ten que volver pasar por Mesa Sectorial por unha cuestión do baremo. Nesta reunión fixemos entrega dunha copia da acta da reunión celebrada no 061 coa participación do xerente do SERGAS, onde este se comprometeu ante a representación sindical a que o itinerario profesional ía a estar publicado antes do concurso de traslados. A cumprir, Sr xerente.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto