Noticias Persoal Outras novas O persoal do SERGAS tamén ten dereito á recuperación dos seus salarios
 
 

O persoal do SERGAS tamén ten dereito á recuperación dos seus salarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cigsaudesergaspRepite insistentemente a equipa da Consellaría de Sanidade que non lles está permitido, por cuestións orzamentarias, iniciar a negociación na Mesa Sectorial da recuperación dos acordos salariais. E seguen a repetir que todos os acordos de recuperación das retribucións roubadas os decreta a Consellaría de Facenda para o conxunto das/os empregadas/os públicas/os.

Unha mentira repetida moitas veces non se converte nunha verdade. Ou é que a Consellaría de Facenda só lle permite negociar á Dirección Xeral de Función Pública porque depende desa Consellaría? E só o seu persoal ten dereito á negociación salarial? Tamén teñen dereito a negociar permisos e licencias, horario de verán... Ou é que nos atopamos ante unha Consellaría de Sanidade submisa e incompetente?

Recentemente, no ámbito da Mesa Sectorial de Función Pública, esa Dirección Xeral e as organizacións sindicais, entre as que se atopa a CIG, asinaron un acordo de integración do persoal do Consorcio no convenio da Xunta de Galiza. Os nosos parabéns por este acordo de integración, que recolle, para este persoal, un incremento de equiparación salarial a varios anos:
Convenio Colectivo Único nas mesmas categorías, aplicándose as seguintes porcentaxes anuais de equiparación:
- No ano 2018 diminución do 20% na diferenza retributiva do persoal do consorcio en relación ao persoal laboral da Xunta de Galicia.
- No ano 2019 diminución do 20% na diferenza retributiva do persoal do consorcio en relación ao persoal laboral da Xunta de Galicia.
- No ano 2020 diminución do 20% na diferenza retributiva do persoal do consorcio en relación ao persoal laboral da Xunta de Galicia.
- No ano 2021 diminución do 20% na diferenza retributiva do persoal do consorcio en relación ao persoal laboral da Xunta de Galicia.
- No ano 2022 equiparación efectiva co persoal laboral da Xunta de Galicia”.

Insistimos, se na Mesa de Función Pública se pode negociar este acordo de equiparación salarial, por que na Mesa Sectorial do SERGAS non se pode negociar a recuperación dos nosos acordos? Acordos retributivos que, queremos lembrar, son de equiparación salarial coa media das retribucións que se perciben no resto de servizos de saúde. E que o persoal do SERGAS ten conxelados desde o ano 2010.

Sr. Feijoo, Srs Conselleiros, deixen de castigar ao persoal do SERGAS, e devólvannos o que nos veñen roubando desde o ano 2010.

Exiximos a convocatoria inmediata dunha Mesa Sectorial para negociar o calendario de recuperación dos nosos acordos!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto