Noticias Persoal Outras novas O Plan de Estabilidade que non quixeron que fora
 
 

O Plan de Estabilidade que non quixeron que fora

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde a CIG-SAÚDE levamos desde o ano 2010 denunciando a taxa de reposición, a que durante os anos 2010 a 2015 só permitía a cobertura do 10% das prazas vacantes, e no 2016 o 100% das vacantes producidas nese ano.

Á marxe desta taxa de reposición, vimos presionando ao SERGAS para que cubra as prazas estruturais con nomeamentos de interinidade, seguindo a rigorosa orde de puntuación nas listas de contratación.

De boa fe negociadora participamos nas distintas reunións da Mesa Sectorial para acadar un acordo do Plan de Estabilidade no Emprego do SERGAS. En cada reunión aumentaba a nosa frustración e impotencia ante un SERGAS que, reunión tras reunión, se negou a facilitarnos os anexos de persoal cos datos completos para facer unha boa análise en beneficio de todas/os. Non tiñan interese en negociar, só pretendían que fixeramos un acto de fe aprobando os seu datos.

Ante que situación estamos?

O Ministerio de Facenda e Función Pública presenta na Mesa Xeral do Estado un anexo de persoal no que se recolle que no SERGAS hai 7.660 prazas vacantes

O SERGAS presenta un Plan de Estabilidade con 800 prazas vacantes no SERGAS

Algo non cadra nestas contas. Segundo o SERGAS, as 7.660 inclúen TODOS os contratos de acumulación de tarefas realizados, e que non todos son prazas vacantes.

Prazas vacantes por xubilación

Prazas consolidadas por OPE

Prazas vacantes que debería conter o Plan de Estabilidade

4.328 xubilacións

1.730 prazas cubertas

2.652 prazas vacantes

Segundo nós o vemos, e con datos do propio SERGAS, se os cadros de persoal recollidos nos Planos de Ordenación de RRHH publicados no DOG o 18 de maio de 2012 e o 13 de decembro de 2013, recollen que hai 4.328 vacantes por xubilación, e houbo 1.730 prazas cubertas por OPE, polo que o Plan de Estabilidade debería recoller como mínimo esa diferenza de prazas.

O Plan de Estabilidade que presenta o SERGAS non pode ser unha ferramenta para eliminar postos de traballo na Sanidade Pública. A CIG-Saúde non vai aceptar nin consentir tal cousa.

A CIG-SAÚDE esixe un Plano de Estabilidade cun anexo de persoal que conteña como mínimo as prazas vacantes producidas no SERGAS desde o ano 2010. É dicir, 2.652 prazas.

A estabilidade laboral é un dereito dos/as profesionais da Sanidade pública, a precariedade laboral só facilita a privatización dos servizos, dificultando a continuidade nos procesos asistenciais.

Non só esta en xogo o teu posto de traballo,

senón tamén a supervivencia da Sanidade Pública

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto