Noticias Persoal Outras novas Atención Primaria: A porta de entrada ao sistema sanitario, sen persoal para atendela
 
 

Atención Primaria: A porta de entrada ao sistema sanitario, sen persoal para atendela

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG-SAÚDE esixe do SERGAS que tome en consideración os datos publicados nos Plans de Ordenación de Recursos Humanos, mediante as Ordes de 8 de maio de 2012 e de 5 de decembro de 2013, para adaptar as Prazas en Formación polo sistema de Residencia (MIR e EIR) que se ofertan na Galiza ás necesidades reais que ten o SERGAS de cobertura de profesionais.

A estes cadros de persoal hai que engadir as necesidades de coberturas de Médicas/os de Familia e Comunitaria no 061, urxencias hospitalarias e no Centro de Transfusións, entre outras.

Se a Consellaría de Sanidade non adapta as prazas de formación ás necesidades asistenciais, en breve o SERGAS non disporá de persoal para cubrir a taxa de reposición por xubilacións, as quendas gardas ou as ausencias deste persoal.

Datos xubilacións SERGAS. Plan de Ordenación RRHH SERGAS

XUBILACIÓNS

ANOS

2011-2013

ANOS

2014-2017

TOTAL

Pediatría e áreas especificas

69

96

165 prazas

Medicas/os Familia

97

218

315 prazas

Matronas

22

43

65 prazas

Media de idade: o 54.77% das/os traballadoras/es teñen máis de 50 anos

 

Nº de Prazas en Formación que se convocan no 2017 polo sistema de formación en residencia no SERGAS. BOE 13 de setembro de 2016

Pediatría e áreas especificas

20 prazas

Médicas/os Familia

90 prazas

Matronas

17 prazas

 
Adecuación das prazas de formación ás necesidades de cobertura!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto