Noticias Persoal Outras novas Manifestación pola recuperación dos acordos suspendidos
 
 

Manifestación pola recuperación dos acordos suspendidos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O sector sanitario exixe en Compostela a  recuperación dos acordos suspendidos

EndurecerANSE as mobilizacións en setembro, se non se contempla nos orzamentos de 2018

O Persoal do SERGAS saíu onte pola mañá en manifestación desde o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, até San Lázaro simulando unha peregrinación de saída, en vez da tradicional de chegada a Compostela, para demandar a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo suspendidos unilateralmente polo goberno de Feijóo.

Ao comezo da marcha, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que diante da actual situación laboral que ten o persoal do SERGAS, moitas/os profesionais se ven obrigadas/os a emigrar para non sufrir a precariedade laboral á que se abocados/as polas políticas do PP en Galiza. Por iso, con esta mobilización que se insire na campaña que a CIG, CCOO, UGT, CSIF, SATSE e SAE veñen desenvolvendo desde hai varios meses quixeron simbolizar unha peregrinación de saída e non de chegada.

Abuín lembrou que desde o ano 2009 agardan a que a consellaría de Sanidade se aveña a negociar na mesa sectorial un calendario no que se marquen prazos para recuperar os acordos e, xa que logo, unhas condicións salariais e laborais que viron mermadas por mor dos recortes impostos polo Partido Popular.

Endurecemento das mobilizacións

Advertiu ademais que “se chegado o mes de setembro non se convoca a mesa sectorial, para que nos presupostos de 2018 xa haxa algunha partida orzamentaria que permita comezar a recuperar o que nos foi roubado, endureceremos as medidas de presión e chegaremos a onde faga falta”.

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde “o persoal do SERGAS non pode seguir á cola das retribución dos servizos de saúde do estado español”. Por iso engadiu que “se Feijóo presume de que a economía galega é a máis saneada do Estado os traballadores e traballadoras do SERGAS temos dereito a recuperar as nosas retribucións para situarnos na media”.

Abuín lembrou que ademais de suspenderse os acordos en materia retributiva tamén se viu paralizada a carreira profesional, o complemento salarial do 100% por Incapacidade Temporal, o que supón que “ademais dos recortes salariais teñamos un imposto á enfermidade”.

Xunto a isto, as organizacións sindicais demandan a negociación da recuperación do 100% dos postos de traballo vacantes desde o ano 2010 porque malia o Plan de Estabilidade, que contempla a cobertura de 800 prazas, quedan sen cubrir 1.500 prazas vacantes.

 

Noticia completa en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto