Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s A reclasificación das prazas de enfermeira/o especialista non pode seguir agardando indefinidamente.
 
 

A reclasificación das prazas de enfermeira/o especialista non pode seguir agardando indefinidamente.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

A reclasificación das prazas de enfermeira/o especialista

non pode seguir agardando indefinidamente.

O Servizo Galego de Saúde leva máis de 10 anos agardando para reclasificar

 as prazas de enfermeira especialista.

No ano 2007 creouse a categoría de enfermeira/o especialista de saúde mental. No ano 2016 publicouse o decreto 81/2016 polo que se crea no Servizo Galego de Saúde a categoría de enfermeira/o especialista, co obxectivo de incorporación do persoal na especialidade correspondente, con pleno recoñecemento normativo e profesional.

Así mesmo, a disposición transitoria do devandito decreto recolle un procedemento específico de acceso polo sistema de concurso.

Este procedemento específico consiste na reclasificación do persoal fixo que esta en posesión do título de especialista, con servizos prestados nas correspondentes especialidades.

Unha vez publicado o decreto, maio de 2016, o SERGAS convocou a comisión técnica para negociar o procedemento de concurso especifico, e proceder á reclasificación das/os traballadoras/es fixas/os que estean en posesión do título de especialista: saúde mental, traballo e pediatría.

Convocaron unha soa reunión desta comisión técnica, e agora o SERGAS non sabe ou non contesta, de cando imos ter outra reunión desta comisión técnica para dar cumprimento ao decreto 81/2016 de creación da categoría de enfermeira/o especialista do SERGAS.

CIG-SAÚDE esixe a convocatoria inmediata desta comisión técnica, e que no 3º trimestre deste ano (2017) estea publicado o procedemento de concurso, e rematado o proceso de reclasificación das prazas de enfermeira/o especialista.

A reclasificación das/os enfermeiras/os especialistas, persoal fixo do SERGAS, non pode ser un texto máis recollido nun decreto da Consellaría de Sanidade. O SERGAS ten a obriga de facer o recoñecemento profesional que a súa propia lexislación lle recoñece a este colectivo.

A reclasificación das/os enfermeiras/os especialistas debe

ser unha realidade no ano 2017.

Esiximos a inmediata convocatoria da comisión técnica das especialidades.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto