Noticias Persoal Contratacións Irregularidades nas contratacións
 
 

Irregularidades nas contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Escrito remitido á Directora de Recursos Humanos sobre irregularidades nas contratacións en Pontevedra:

 

 

Esperanza Fernández Lago.

Directora de RRHH.

Servizo Galego de Saúde.

 

 

 

Unha vez máis, e por iso non deixamos de sorprendernos, a Admón Sanitaria esta a incumprir gravemente a Lexislación vixente. Non deberíamos ser nós os que reiteradamente teñamos que recordarlle a Admón a súa obriga de aplicar a máxima legalidade en todas as materias, e especialmente ser rigorosa cos requisitos de titulación que a normativa  esixe e que ten que reunir o persoal para poder ser contratado no eido sanitario.

 

 

Na área sanitaria de Pontevedra, parece que os directivos de Atención Primaria non coñecen a normativa de requisitos de titulación que deben se esixirse ao persoal facultativo para poder exercer de medica/o no espazo europeo.


Segundo  nos comentan os compañeiros/as de Pontevedra, baseada na documentación que lle achegou a xerencia, nesta área están a traballar 9 medicas/os que non reúnen os requisitos de titulación. Xúntase documento entregado pola xerencia de Pontevedra.

Paradoxicamente prodúcese a situación de que os contratos desta área non  son ofertados  ao persoal medicas/os de familia que remataron a súa formación pola vía MIR. Envíamos as/os nosos profesionais a emigración e contratamos persoal que non reúne requisitos de titulación. Este é o bo facer do SERGAS.

 

Máis grave aínda  é que dous destes médicas/os ocupan prazas de interinidade sen ser ofertados a listaxe de contratacións, como pode ser isto?.

 

Demandamos do SERGAS que de inmediato, solicite información a xerencia de Pontevedra de porqué realiza estas prácticas, de ter constancia desta mala práctica, a Admón proceda ao cesamento deste medicas/os e, os contratos existentes sexan ofertados ao persoal que reúne os requisitos de titulación. A Admón debe saber que este ano hai medicas/os de familia que remataron a súa formación, e están a espera de ser contratados.

Se a Admón non procede coa dilixencia que a situación require, veríamos na obriga de emprender accións xudiciais.

Un saúdo.

 

Compostela, 13 de xullo de 2010.

 

 

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto