Noticias Persoal Contratacións Curso de Operador de Instalacións Radiactivas
 
 

Curso de Operador de Instalacións Radiactivas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Para a sinatura do Pacto de vinculacións temporais, unha das nosas esixencias era que o SERGAS ofertase cursos de Operador de instalacións radiactivas para as/os aspirantes das listas de contratación  e o persoal fixo do SERGAS. 

Un ano despois, o SERGAS, a través da Axencia de Coñecemento en Saúde, convoca a primeira edición do curso de OPERADOR DE INSTALACIÓNS RADIACTIVAS: CAMPO DE APLICACIÓN MEDICINA NUCLEAR.

Está aberto o prazo de inscrición no curso ata o próximo 13 de outubro de 2017.

Lugar de celebración: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

Datas: días 6, 7, 8, 9, 10, 13, 14, 15, 16, 17 e 20 de novembro de 2017

  • 38 horas (24 teóricas + 16 prácticas).
  • Exame final 24 de novembro de 2017 (2 horas)

Horario: Tardes 16:30 - 20:30 horas

Prazas: 20

Destinatarios: enfermeiro/a e técnicos superiores en imaxe para o diagnóstico clínico.

  • Resérvanse o 50% das prazas ofertadas para persoal da listaxe de selección temporal.

Para máis información do curso, preme aquí.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto