Noticias Persoal Formación Convocatoria MIR - FIR- BIR- QUIR - EIR
 
 

Convocatoria MIR - FIR- BIR- QUIR - EIR

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publícase no BOE  a Orde SSI/876/2017, de 12 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2017 para o acceso no ano 2018, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeiros e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

Calendario das probas selectivas 2017/2018:
  • Prazo de presentación de solicitudes: Do día 19 ao 28 de setembro de 2017.
  • Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partir do día 14 de novembro de 2017.
  • Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partir do 9 de xaneiro de 2018.
  • Data do exercicio: Sábado, día 10 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partir do día 13 de febreiro de 2018.
  • Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 14, 15 e 16 de febreiro de 2018.
  • Reunión das Comisións Calificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 28 de febreiro de 2018.
  • Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partir do día 6 de marzo de 2018.
  • Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partir do día 3 de abril de 2018.
  • Actos de asignación de prazas: A partir do día 17 de abril de 2018. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección Xeral de Ordenación Profesional.
  • Prazo posesorio para incorporación: 24 e 25 de maio de 2018, ambos inclusive.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto