Noticias Persoal Outras novas Reunión de CIG-Área Pública co Conselleiro de Facenda
 
 

Reunión de CIG-Área Pública co Conselleiro de Facenda

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Captura 1

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, convocounos onte á Área Pública de CIG a unha xuntanza para presentarnos as propostas da Xunta de Galiza relativas aos seguintes temas.

Plan de Estabilidade

Teñen a intención de aprobar un acordo marco que atinxa os anos 2018-2020, para ratificar a oferta de emprego que anunciou Feijoo de 14.000 prazas e trasladar a Galiza o acordo que se asine en Madrid cos sindicatos españois.

Non se recuperan os postos de traballo amortizados en aplicación da taxa de reposición, só as prazas vacantes producidas no ano anterior.

Propostas de CIG- SAÚDE para o acordo marco:

 

  • Eliminación da Lei de Orzamentos 2018 do artigo que recolle que a Admón poderá acumular a oferta de emprego nas categorías que así o considere.
  • Convocaranse todas as categorías. Lembrámoslle que teñen pendente de crear, entre outras, a categoría de persoal investigador, e a posterior convocatoria de OPE.
  • Recuperación do 100% das prazas vacantes na sanidade pública.
  • Censo de prazas para poder comprobar cales se convocan e cales amortizaron.
  • Respecto absoluto aos criterios de cese recollidos no decreto 206/2005. É dicir, cesarase por orde de puntuación nas listaxes de contratacións.
  • Todo o proceso debe ser negociado na mesa sectorial do SERGAS sen inxerencias externas: convocatorias, bases, baremos...
  • Neste plano de emprego queremos falar do nº de prazas que se convocan para o persoal en formación MIR, EIR, PIR e outras categorías, así como do persoal das fundacións e axencias.

 Lei de orzamentos 2018

A suba salarial para o ano 2018 que nos propuxeron é do 0% ata que se aproben os orzamentos do estado.

Acordos SERGAS. Segundo o Conselleiro de non van a negociar ningún calendario de recuperación dos acordos, nin da carreira profesional, nin negociar un novo acordo retributivo.

            Isto quere dicir, que nun período de 10 anos (2010/2020) de goberno do Partido Popular e do Sr Feijoo non vai haber ningún acordo salarial para o persoal, se llo permitimos van seguir roubando os nosos salarios.

Lei de medidas temporais.

            Van a incluír o permiso de maternidade de 22 semanas, as 2 semanas previas ao parto que xa hai, e 20 semanas con posterioridade ao mesmo. E o permiso de paternidade pasará a ser de 5 semanas.

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto