Noticias Persoal Outras novas A CARREIRA DO SERGAS UNHA TOMADURA DE PELO
 
 

A CARREIRA DO SERGAS UNHA TOMADURA DE PELO

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

FOLGA XERAL

2 E 3 DE NOVEMBRO

O SERGAS convoca ao comité de folga da plataforma sindical CIG-SAÚDE, CCOO, CSIF, SAE, SATSE e UGT para tomarnos o pelo, e pretende que as organizacións sindicais sexamos cómplices do roubo dos salarios do persoal do SERGAS.

Na reunión celebrada o xoves 19 de outubro de 2017, a directora de RRHH do SERGAS ofreceu negociar coas organizacións sindicais temas que non comporten incrementos retributivos, tales como a negociación de permisos e licencias, agora si poden negociar; iso si, se non reclamamos que os días 24 e 31 de decembro teñan a consideración de festivo como no resto da Xunta de Galicia.

Da recuperación dos acordos retributivos non queren falar, non hai partida orzamentaria no ano 2018, e nos sucesivos xa veremos

Só queren falar das bases de Carreira ordinaria, están en disposición de iniciar esta negociación, mais as súas condicións son:

  • Negociar a carreira ordinaria sen saber cando se vai a cobrar. No ano 2018 non se cobraría.
  • As contías dos graos desta carreira non se sabe canto van ser, igual as que se perciben no réxime extraordinario NON. É dicir, non sabemos canto se vai cobrar por cada grao de carreira.
  • Cantos anos de permanencia nun grao para pasar ao seguinte van a esixir? disto non toca falar agora. Nin tampouco da antigüidade que se vai solicitar para acceder a cada grao.
  • Vai afectar a carreira a todo o persoal? ao fixo si , e aos interinos? Non toca falar disto.

Só ofrecen negociar as bases e con posterioridade, se procede, facer un recoñecemento administrativo do grao de carreira; SEN RECOÑECEMENTO ECONÓMICO!!

Debe pensar o SERGAS que este documento de recoñecemento administrativo, sen recoñecemento económico, vai servir de papel de pago cando vaimos ao supermercado, ou a pagar os medicamentos que deixaron de financiar. A inventores non hai quen lles gañe, nova fórmula SERGAS: RETRIBUCIÓNS SEN SALARIOS!!

Non deixes que sigan a roubar o teu salario!!

OOSS ccoo cig csif sae satse ugt - todas agás cesmomega

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto