Noticias Persoal Contratacións A precariedade laboral, a realidade do SERGAS
 
 

A precariedade laboral, a realidade do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogoA Consellaría de Sanidade perpetúa a precariedade laboral no SERGAS.

A Lei de Orzamentos do ano 2018 introduce no Capítulo I. Título II. Gastos de persoal o seguinte:

Artigo 14. Contratación do persoal estatutario temporal.

Á cobertura das ausencias do persoal das institucións sanitarias deberán respectar o carácter absolutamente imprescindible da substitución transitoria do persoal. Adecuándose aos principios de responsabilidade na xestión no gasto, atendendo a situación económica e o cumprimento da sustentabilidade financeira

Para o goberno do PP o persoal do SERGAS somos tan só un gasto. O valor do noso traballo para garantir unha boa saúde da poboación e unha boa calidade de vida, simplemente non conta.

A aplicación literal disto vai ser:

Mobilidade do persoal, para cubrir as ausencias cos recursos existentes.

Contratos por días e horas.

Peches de camas para non contratar no período estival.

Redución importante do número de traballadoras/es. O que chaman facer máis con menos.

               CIG-SAÚDE ven denunciando nos últimos anos o incremento desta precariedade laboral no SERGAS. Coa escusa da crise, e dun mellor aproveitamento dos recursos existentes estase a vulnerar os dereitos do persoal temporal.

A precariedade laboral incide negativamente na vida das traballadoras/es e ten unha incidencia negativa sobre a calidade da asistencia que se presta. A nivel persoal impide ter un proxecto de vida normalizado, dificultando a conciliación persoal, laboral e familiar. A nivel asistencial impide a continuidade dos equipos.


Para corrixir isto a CIG-SAÚDE presentou na mesa sectorial varias iniciativas.


  • En maio de 2016 asinamos na mesa sectorial do SERGAS a acta de fin de negociación do pacto de contratacións temporais. A devandita acta recolle o compromiso do SERGAS de constituír un grupo de traballo para a análises e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais. A día de hoxe esta comisión non se reuniu.
  • Existe unha negativa do SERGAS a negociar unha Orde de vínculos que obrigue a adaptar a contratación á causa que a motiva. Ante isto a única intención do SERGAS é impoñer prazas estruturais a media xornada.


                Normalizar a contratación é doado, eliminar a precariedade tamén, só é cuestión que o SERGAS se deixe de comportar como un patrón escravizador.

 

CIG-SAÚDE vai levar isto ao parlamento, solicitando unha nova redacción do artigo 14; para que se respecten os dereitos laborais do persoal temporal.

Descarga aquí o noso panfleto.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto