Noticias Persoal Traslados Actualización dos posibles destinos no concurso de traslados aberto e permanente nas categorías de celador/a e PSX
 
 

Actualización dos posibles destinos no concurso de traslados aberto e permanente nas categorías de celador/a e PSX

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

TRASLADOS INFO

Hoxe publicouse en DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se actualiza a relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado mediante a Resolución do 29 de novembro de 2017.

Está publicada unha actualización da relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente de persoal de xestión e servizos, que afecta exclusivamente ás categorías de celador e persoal de servizos xerais.

Na categoría de celador/a, inclúense prazas en PACS en diversas localidades.

Na categoría de PSX, inclúese un centro de saúde.

Os/as aspirantes destas categorías que tivesen formalizado e presentado por rexistro electrónico o seu formulario de participación no concurso de traslados e desexen efectuar unha modificación do mesmo para incorporar algún dos destinos que se adicionan, deberán efectuar esta modificación a través de Fides/expedient-e. Para iso, o/a profesional deberá acceder ao seu formulario de inscrición, xa formalizado, efectuar sobre o mesmo os cambios na selección de prazas que estime oportunos e presentar o formulario de participación coas modificacións efectuadas, por rexistro electrónico.

Aqueles/as profesionais destas categorías que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionado/s, non terán que realizar ningunha actuación.

Con carácter excepcional, para as categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 31 de xaneiro de 2018.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto