Noticias Persoal Formación Plan Formación contínua do Sergas ( AFEDAP) para o 2018.
 
 

Plan Formación contínua do Sergas ( AFEDAP) para o 2018.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe, 22 de xaneiro de 2018, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 conxunta, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal deste servizo.

As persoas que desexen participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS (http:// acis.sergas.es).

Prazos de inscrición:  A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.

Quen pode participar:

  • Todas/os as/os profesionais que presten ou prestasen servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde
  • As/os profesionais que estean formándose como especialistas en Ciencias da Saúde (persoal residente en formación)
  • As/os aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións do Sistema público de saúde de Galicia, ao abeiro do Pacto de selección temporal vixente en cada momento
  • O persoal pertencente ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, integrado no réxime estatutario.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto