Noticias Persoal Outras novas Outra carreira profesional é posible
 
 

Outra carreira profesional é posible

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Esiximos unha negociación da

CARREIRA PROFESIONAL

de boa fe e sen ambigüidades

 

CIG-SAÚDE rexeita o formato de negociación de carreira profesional que se está a desenvolver na mesa sectorial do SERGAS.

Na reunión da comisión técnica de carreira profesional celebrada o día 19 de xaneiro, o SERGAS segue sen aclarar os aspectos básicos da carreira profesional, fíxonos entrega dun documento con mais ambigüidades que certezas.

Ámbito de aplicación.

O documento do SERGAS recolle que a carreira será de aplicación ao persoal estatutario, sen aclarar se este ámbito é de aplicación ao persoal Temporal.

O SERGAS quere separar o ámbito de aplicación do ámbito de percepción do complemento, poden recoñecer o grao pero NON pagalo.

CIG-SAÚDE esixe unha carreira profesional para todo o persoal: fixo e temporal. Para o persoal funcionario e laboral sen requisito de integración. Tamén para o persoal APD pendente do réxime extraordinario e integrado funcionalmente.

A carreira profesional é unha retribución complementaria recollida no artigo 43 do Estatuto Marco, ao igual que o complemento de destino ou o complemento específico. Polo que é de aplicación a todo o persoal sen discriminación.

Valor do grao.

O SERGAS segue ocultando  canto vai valer cada grao.

CIG-SAÚDE esixe que o valor do grao sexa igual que a retribución que se percibe polo réxime extraordinario. Non imos consentir unha Carreira profesional discriminatoria.  

Así mesmo esiximos que o SERGAS demande da Consellaría de Facenda unha partida orzamentaria, que xa debería estar cuantificada, para que o persoal poida cobrar a carreira con efectos do 1 de xaneiro de 2018, e non que o cobro deste complemento quede supeditado ás dispoñibilidades orzamentarias do ano 2019.

Réxime de encadre.

CIG-SAÚDE esixe que o persoal poida acceder ao grao de carreira  que lle corresponda en función da súa antigüidade, con un ano de permanencia no grao consolidado para poder acceder a un novo grao.

Esiximos a anulación do acordo asinado entre o SERGAS e as organizacións sindicais que só permite ao persoal acceder a “UN SÓ GRAO”.

Servizos Prestados.

CIG-SAÚDE esixe a valoración de todos os servizos prestados como fixos e temporais, e como persoal laboral das fundacións.

Infórmate.

Participa.

Non consintas unha Carreira Profesional que consolide os recortes, e que nos sitúe na cola do resto dos servizos de saúde.

Descarga aquí en PDF.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto