Noticias Persoal Outras novas Solicitude urxente ao SERGAS de abordar a situación do persoal dos PACS
 
 

Solicitude urxente ao SERGAS de abordar a situación do persoal dos PACS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Jesus Vázquez Almuiña.

                Conselleiro de Sanidade.

                Margarita Prado Vaamonde

                Directora de RRHH SERGAS

 

A importancia dos acordos asinados nos ámbitos de negociación radican no seu cumprimento, así como na revisión dos mesmos para adaptalos as necesidades asistenciais e laborais do momento.

Os acordos de PACs foron asinados no ano 2008, desde aquela a situación laboral e asistencia do SERGAS foise modificando, sen que a revisión destes acordos fose materia a abordar na mesa sectorial.

En distintas épocas as organizacións sindicais solicitamos a convocatoria da comisión de seguimento do acordo para actualizalo en beneficio das/os profesionais e da asistencia que prestan, sen ter unha convocatoria desta reunión por parte da Administración.

Agora, todas as organizacións sindicais da mesa sectorial coincidimos en que é imprescindible abordar a situación laboral do persoal de PACs e a súa repercusión asistencial. Non  se pode seguir demorando esta situación sen que a Admón lle dea unha solución, a poder ser, consensuada coas organizacións sindicais.

Polo que, as organizacións sindicais con representación na mesa sectorial do SERGAS CCOO, CIG-SAÚDE, CESM-OMEGA, CSIF, SATSE e UGT, solicitamos que con carácter de urxencia se convoque unha comisión técnica derivada da mesa sectorial do SERGAS para abordar esta situación.

               Agardando recibir a devandita convocatoria na maior brevidade posible.

                Atentamente.

Compostela, 29 de xaneiro de 2018.

Descargar PDF

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto