Noticias Sanidade Pública Outras novas Miles de persoas toman Compostela en defensa da sanidade pública
 
 

Miles de persoas toman Compostela en defensa da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

imaxe 5

imaxe

 

Exixen a retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e o desenvolvemento da Lei de 2008

 

mani 4 febreiro

Miles de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e en demanda de que se desenvolva a existente desde 2008. Na mobilización, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, exixiuse ademais que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias e a apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.

imaxe 6

Persoal sanitario, doentes, plataformas das áreas sanitarias afectadas polo desmantelamento dos hospitais comarcais e miles e miles de usuarios e usuarias da sanidade pública galega desprazáronse este domingo a Compostela para defender o sistema sanitario público e universal.

En nome da plataforma Isabel Risco, que foi a encargada de ler o manifesto, e posteriormente o seu portavoz, Manuel Martín, agradeceron ao persoal sanitario o seu labor por garantir, malia os recortes, unha asistencia sanitaria de calidade.

Ver Galería de fotos en Avantar.

Reproducimos, de seguido, o manifesto.

Manifesto

A  Sanidade Pública Galega está en perigo

Desde a chegada ao poder de Núñez Feijoo a Xunta de Galiza, recortáronse dramaticamente os recursos do Sistema Sanitario Público Galego, tanto en orzamento, como en camas hospitalarias ou en prazas de persoal. O abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria deixou sen construír máis de 60 Centros de Saúde e reduciu o seu orzamento ao 11% do gasto sanitario (moi lonxe do 25% acordado cos traballadores do sistema).

Estes drásticos recortes son os responsables das inadmisibles listas de agarda nos hospitais e centros de saúde, dos colapsos das urxencias hospitalarias e das dificultades de acceso á atención nos hospitais comarcais.

Os únicos beneficiarios desta política foron as empresas privadas, especialmente as  multinacionais que están a apoderarse do sistema e que incrementaron nun 42% a concertación co SERGAS.

E agora o Sistema Sanitario Público Galego, enfróntase a dúas novas ameazas:

1.- A aprobación da Lei de Garantías de Tempos de Espera, que fixa en 60 días o límite para unha intervención cirúrxica e en 45 días para unha proba diagnóstica ou unha consulta co especialista. En caso de superarse este tempo, o SERGAS pagará ao sector privado a atención sanitaria destes pacientes.

Todo o mundo sabe que estes límites están por debaixo da media de espera, tanto da publicada polo SERGAS como nas listas ocultas ou non estruturais, que teñen sen reflexar a miles de pacientes.

A trampa de Feijoo para desviar a centos de enfermos da sanidade pública a privada consiste no seguinte:

  • Primeiro nos recortes de recursos tanto en persoal como en infraestruturas, que retrasan as consultas, as probas diagnosticas e as intervencións cirúrxicas nos hospitais públicos. Isto leva consigo que nunca se cumpran os prazos que se marca o propio sistema co cal, sempre se sobrepasa e xa temos a desculpa para derivar os pacientes a privada.
  • Na tolerancia da dobre dedicación, pública e privada, de moitos profesionais, especialmente os que teñen responsabilidade na xestión. Non é difícil adiviñar que traballar para os centros públicos e á vez nos privados, permite lucrarse da baixa actividade nos servizos públicos.

Esta Lei forma parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria,  trasladando a miles de pacientes da sanidade pública a privada. Está xá calculado que 86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada, desde o día 10 de xaneiro que entrou en vigor a aplicación, por parte do Sistema Público, da derivación dos pacientes a privada. O mesmo SERGAS está a chamar aos pacientes en espera, para que vaian aos centros concertados, descapitalizando así un sistema sanitario público, xa moi depauperado.

2.- O proxecto de modificar a Lei Galega de Saúde, elaborada polo bipartito no ano 2008, que xa entrou no Parlamento para discusión o 6 de febreiro do 2018 (pasado mañán) que en caso de ser aprobado:

  • Desmantelará os hospitais comarcais, dificultando así o acceso á asistencia especializada a poboación rural e máis envellecida, e recentralizará o control da Consellería de Sanidade, sobre a atención dá saúde. Por outro lado, moitos pacientes atendidos nos centros comarcais, acabarán nos Complexos Hospitalarios, incrementado así as listas de agarda dos mesmos.
  • Perpetuará as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) que someten á Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias, en detrimento da promoción, prevención e atención próxima da poboación. Acabar co actual modelo de Atención Primaria suporá acabar coa promoción e prevención de saúde (que non é negocio) e darlle o beneficio á estratexia baseada na curación que pode ser transformada nunha mercancía máis.
  • Privatizará a formación a investigación e a innovación sanitaria (I+D+I), consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e outros chiringuitos, onde participan empresas multinacionais, que xa acaparan unha gran parte de fondos públicos, destinados á investigación de saúde. A sanidade pública pon o diñeiro, os profesionais, os medios diagnósticos, o persoal e os pacientes, e as multinacionais quédanse coas patentes. Na Lei, Núñez Feijoo recoñece que o novo obxectivo do SERGAS, será favorecer o desenvolvemento  empresarial de Galiza, en lugar de garantir a saúde da poboación.
  • Acabará ca participación social para o control da Sanidade Pública Galega: pasa a ser unha pantomima, escoitar sen decidir. A participación cidadá quedaría ao arbitrio da consellaría de sanidade pois, por decreto, decidirá quen participa e quen non na fiscalización do desenvolvemento da Sanidade Pública Galega.
  • Favorecerá a creación de chiringuitos de xestión privada para xestionar unha parte importante do sistema e para laboralizar o persoal, potenciando así o favoritismo e a arbitrariedade na contratación do persoal sanitario.

Levamos anos denunciado e mobilizándonos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza; manifestándonos contra a política de recortes, o desmantelamento e a privatización do noso Sistema Sanitario Público Galego por parte do Partido Popular.

Pese aos desmentidos do seu goberno a realidade é teimuda, as listas de agarda crecen e ocúltanse, os pacientes teñen que esperar días e semanas para ser atendidos nos seus centros de saúde, as urxencias colápsanse periodicamente, os Hospitais comarcais perden profesionais e servizos e a poboación rural debe facer quilómetros para recibir asistencia hospitalaria; os profesionais sanitarios sofren unha sobrecarga de traballo inaceptable e unhas condicións laborais cada vez máis precarias.

Mentres tanto, grazas a Núñez Feijoo, a patronal privada, as multinacionais,  os fondos de inversión, os fondos voitres e os grupos de presión dos profesionais da xestión, se están a quedar co sistema sanitario público galego, facendo grandes negocios co diñeiro público a costa da saúde dos galegos e galegas.

Só unha gran mobilización social e profesional pode frear esta política privatizadora impulsada pola Xunta de Galicia.

Exiximos:

1.- A retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde. Que por consenso se desenvolva a Lei Galega de Saúde existente dende o ano 2008.

2.- Que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias.

3.- A apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.

Grazas a todos e todas polo voso esforzo e participación.

Seguiremos  nesta loita.                            

Non, Non, Non, a privatización.

Pese aos desmentidos do seu goberno a realidade é teimuda, as listas de agarda crecen e ocúltanse, os pacientes teñen que esperar días e semanas para ser atendidos nos seus centros de saúde, as urxencias colápsanse periodicamente, os Hospitais comarcais perden profesionais e servizos e a poboación rural debe facer quilómetros para recibir asistencia hospitalaria; os profesionais sanitarios sofren unha sobrecarga de traballo inaceptable e unhas condicións laborais cada vez máis precarias.

Mentres tanto, grazas a Núñez Feijoo, a patronal privada, as multinacionais,  os fondos de inversión, os fondos voitres e os grupos de presión dos profesionais da xestión, se están a quedar co sistema sanitario público galego, facendo grandes negocios co diñeiro público a costa da saúde dos galegos e galegas.

Só unha gran mobilización social e profesional pode frear esta política privatizadora impulsada pola Xunta de Galicia.

Exiximos:

1.- A retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde. Que por consenso se desenvolva a Lei Galega de Saúde existente dende o ano 2008.

2.- Que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias.

3.- A apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.

Grazas a todos e todas polo voso esforzo e participación.

Seguiremos  nesta loita.                            

Non, Non, Non, a privatización.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto