Noticias Persoal Outras novas O Sergas acepta crear unha comisión técnica para abordar a situación do persoal dos PAC
 
 

O Sergas acepta crear unha comisión técnica para abordar a situación do persoal dos PAC

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG agarda que sexa operativa e que a Consellaría de Sanidade resposte a cada unha das demandas

     

    Persoal dos Puntos de Atención Continuada e as organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial  do Sergas fixeron esta mañá entrega de máis de 700 sinaturas en denuncia das condicións de traballo que padece o colectivo que traballa nestes centros de saúde e que repercuten negativamente na asistencia. Coincidindo co acto traballadores e traballadoras concentráronse diante do Sergas para demandar a constitución dunha comisión técnica da mesa sectorial para abordar as súas demandas.

    Foi necesaria esta mobilización para que as/os representantes deste colectivo e das organizacións sindicais foran recibidos por unha subdirectora de Recursos Humanos do Sergas que confirmou que se incorporará na Orde do Día da mesa sectorial a constitución desa comisión técnica.

    A este respecto, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou que a inclusión deste punto da Orde do Día foi solicitada polas/os representantes da central sindical en reiteradas ocasións pero “a administración fixo caso omiso até que se celebrou esta concentración”.

    Abuín agarda que esta comisión técnica sexa operativa e que “en cada unha das reunións que teñamos o Sergas dea resposta ás cuestións que se vaian abordando”.

    Empeoramento das condicións

     

    As traballadoras e traballadores que prestan asistencia de xeito eventual, fixo ou interino nos Puntos de Atención Continuada (PAC destinados a urxencias extrahospitalarias) no Sergas denuncian o empeoramento das condicións nos últimos anos, tanto den recursos humanos e materiais como en retribucións e presión asistencial, nomeadamente desde a creación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI).

    Entre outras cuestións demandan equipos completos medico/a-enfermeiro/a en todos os PAC: entende que “a atención a emerxencias sen persoal non é aceptable nun país desenvolvido”. Responsabilizan ademais, desta asistencia de baixa calidade á mala planificación por parte das EOXI.

    Xunto a isto exixen respecto aos tempos de traballo do persoal conforme as directivas europeas que “están para garantir unha atención eficiente por persoal descansado en beneficio dos doentes”. Consideran que isto debe ser independente de ter un contrato fixo ou traballo fraccionado e que “o fraccionamento dos contratos non pode empregarse para non cumprir cos descansos”.

    Listas de obxectivos

    Tamén entenden que calquera avaliación de ‘derivación hospitalaria’ debe ser eliminada das listas de obxectivos, xa que “as derivacións non son opcionais, seguen criterios médicos”.

     

    Reclaman ademais criterios obxectivos para a dotación de persoal nos PACs en base á carga asistencial, dispersión, distribución etaria, distancia ao hospital e número de mobilizacións polo 061, para garantir o dereito a asistencia.

    Complementos, ITs e permisos

    O persoal dos Puntos de Atención Continuada exixe o pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade desde este momento e con carácter retroactivo desde 2010; que non se aumente a xornada laboral efectiva das 1.451 horas actuais. “Calquera exceso de xornada debe ser voluntario, incentivado e por tramos. Empeorar as condicións laborais aumentará as fugas de persoal a outras áreas e servizos e empeorarán a asistencia”, afirman.

    Demandan o cómputo axeitado das Incapacidades Temporais e permisos retribuídos e que se contabilice como xornada laboral a asistencia a calquera reunión convocada desde as xerencias ademais de que as dietas dos domingos e festivos sexan aboadas pola comida e pola cea.

    Tamén demandan a elaboración dos calendarios de quendas dando prioridade ao persoal propio de PAC, ocupando o persoal voluntario os ocos e a dotación de Equipos de Protección Individual a todo o persoal que traballa nestes centros, aínda que sexa persoal en formación ou ocasional. “Debe existir un circuíto de limpeza que evite ter que levar a roupa a lavar ao domicilio persoal”.

    Ver nova no Avantar.

     
     
     
     
     
     
     
     

    rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

    1leftarrow-icone-5226-48

     

    Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
    Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
    Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
    executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

    2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

    Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
    Se estás de acordo, preme este botón: Acepto