Noticias Persoal Outras novas Unha persoa con información é unha persoa con opinión.
 
 

Unha persoa con información é unha persoa con opinión.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

ESTE É O ACORDO ESTATAL QUE NOS QUEREN VENDER

Para que poidades facer unha valoración xeral do acordo asinado en Madrid co voto en contra da CIG, imos ir informando da súa totalidade.

No apartado do acordo de formación para as/os empregadas/os públicos, recóllese que os cartos deste apartado derivados aos sindicatos serán do 9%, un total de 5 millóns de Euros anuais.

CAPÍTULO III   Acciones formativas dirigidas a la capacitación para el desarrollo de las funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social

Artículo 18. Capacitación en materia de negociación colectiva y diálogo social.

Podrán ser beneficiarios de esta formación los empleados públicos que lleven a cabo funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social.

CIG-SAÚDE: Isto quere dicir formación específica para delegadas/os sindicais. Está moi preocupado o goberno pola formación dos cadros sindicais, impartida e xestionada polos sindicatos con estes fondos.

La responsabilidad última sobre selección de los participantes en estas acciones formativas corresponderá a las organizaciones sindicales promotoras.

CIG SAÚDE: Se é diñeiro que van xestionar as organizacións sindicais para a formación das/os súas/seus delegadas/os, estas saberán a quen seleccionar…

Podrán elaborarse planes de duración plurianual, ajustados a los períodos electorales sindicales.

CIG-SAÚDE: A elaboración de planos bianuais vai permitir que no ano 2019, ano de eleccións sindicais, os fondos a repartir entre as organizacións sindicais sexan 10 millóns de euros.

Para valorar este acordo pensa:

Que o teu salario vai subir por baixo do IPC.

Que non hai recuperación económica do perdido, máis dun 13% de perda salarial acumulada.

Que mantén a taxa de reposición e a precariedade laboral. No SERGAS este ano convócanse no concurso de traslados máis de 5.000 prazas. Á OPE, en aplicación da taxa de reposición, convócanse 1.715 prazas.

Que as pagas extras seguen a estar incompletas.  

soldo e extras

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto