Noticias Persoal Traslados Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente.
 
 

Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións coa relación de admitidos/as e excluídos/as e mais a oferta de destinos do ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente.

 

Relación de admitidos/as e excluídos/as:

  • As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión (do 27 de marzo ao 11 de abril de 2018).
  • A solicitude dirixirase á unidade de validación a que se dirixiu a solicitude de participación no concurso. 

 

Relación de prazas ofertadas:

  • Nos anexos I e II das resolucións figura a relación de prazas ofertadas por categoría e os centros en que poden existir resultas, respectivamente.
  • Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan (do 27 de marzo ao 10 de abril de 2018).
  • Entenderase como modificar:
  • Engadir novos destinos
  • Eliminar destinos
  • Modificar a orde dos destinos
  • As modificacións deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.
  • Aquelas solicitudes de participación que, logo dos quince días, non conteñan a selección de, polo menos, un destino quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto