Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Bases do concurso específico para o ingreso na categoría de enfermeira especialista
 
 

Bases do concurso específico para o ingreso na categoría de enfermeira especialista

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista.

Segundo información chegada do Sergas, previsiblemente, na segunda quincena do mes de abril procederase á publicación da convocatoria do concurso específico para o ingreso na categoría de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

Este concurso específico é froito da negociación na mesa sectorial e é o primeiro paso na consolidación das especialidades de enfermaría no SERGAS, que foi impulsada e defendida por CIG-SAÚDE.

Somos a organización sindical que promoveu este sistema de selección para o persoal fixo ao igual que anteriormente se fixera con outras categorías profesionais.

Os postos de traballo de enfermeira/o especialista no SERGAS van ter nivel 23, grazas a que non cesamos ata conseguir este nivel. Non podemos dicir que sexa un nivel alto dentro da Administración pública, como tampouco é o nivel 22 de enfermeira/o,  pero nisto seguiremos traballando.

As persoas que  accedan á nova praza de especialista van poder solicitar unha excedencia na praza base de enfermeira/o, o que lles vai a permitir que poidan participar noutros procesos dende esa excedencia.

Desexariamos que este concurso servise para reclasificar todas as prazas de enfermeira/o especialista neste ano, mais todo o referente á pediatría: primaria e especializada quedará para o ano 2019.

Este concurso está aberto a outras especialidades: familiar e comunitaria que só estamos a espera de que se celebre a proba extraordinaria de acceso, médico-cirúrxica e xeriatría.

Un bo comezo que pretende garantir a implementación no SERGAS das especialidades de enfermaría e o recoñecemento profesional que o seu persoal se merece.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto