Noticias Outras novas Outras novas Ti apoiasme, eu garántoche a obrigatoriedade da colexiación
 
 

Ti apoiasme, eu garántoche a obrigatoriedade da colexiación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral da Enfermaría veñen de emitir un documento de adhesión ao Pacto pola Sanidade, no que se facultan para facer a avaliación das competencias d@s profesionais, entre outras funcións, e a cambio o Goberno do Estado garántelles que na futura Lei Ómnibus a colexiación para as profesións sanitarias universitarias vai ser obrigatoria.

 

Un intercambio "xenial" se non fora porque os colexios profesionais son entidades privadas e quen debe avaliar as competencias d@s empregad@s públicos é a Administración.

 

Deixámosvos aqui o documento de adhesión dos Colexios e un primeiro posicionamento de CIG-SAÚDE, para que vexades por vós mesmos os trocos nos que nos anda metendo o Goberno do Estado xunto cos Colexios.

 

* Documento de adhesión das organizacións colexiais ao Pacto pola Sanidade .

 

* Posicionamento CIG-SAÚDE sobre o tema .

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto