Lexislación Normativa Xeral Concentración todos os xoves de abril pola carreira profesional
 
 

Concentración todos os xoves de abril pola carreira profesional

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

carreira profesional cig

O pasado xoves 5 de abril iniciouse, cunhas primeiras concentracións, o intenso calendario de mobilizacións que CIG-Saúde realizará durante o proceso de negociación do acordo de Carreira Profesional, todos os xoves do mes de abril; como continuación do traballo de información sobre a Carreira, de difusión dos consecutivos borradores entregados polo SERGAS coa súa inaceptable proposta e en defensa da aplicación da xustiza no modelo de Carreira Profesional.

O venres 6 de abril o SERGAS fixo entrega do 4º borrador parcial. Este borrador inclúe unha importante rectificación con respecto á exixencia de 3 anos como persoal fixo no SERGAS, que figuraba no anterior borrador e que penalizaba sen acceso ao réxime de encadre na carreira profesional a todo o persoal das categorías de Médica/o de Familia, Enfermeira/o que tomaron posesión en marzo de 2017 e de Matrona/ón, Logopedia, Fisioterapia, Terapia ocupacional, TCAEs e Técnicos superiores (hixiene bucodental, imaxe para o diagnóstico, laboratorio... ) que tomaron posesión en maio de 2017, e que polo tanto non houbera cumprido o requisito de 3 anos como persoal estatutario fixo.

puzle 

Pero a proposta que se inclúe neste 4º borrador, non rectifica noutras cuestións tamén moi importantes, non avanza un só paso no recoñecemento profesional a través da longamente suspendida Carreira Profesional, xa que segue sen permitírsenos aos profesionais o acceso ao grado de carreira acadable polos anos de servizos prestados.

Pero sobre todo non avanza no recoñecemento de centos de profesionais temporais, nos que descansa unha parte moi significativa do servizo sanitario público, e que levan soportando anos de temporalidade, de contratación precaria e abusiva, sen oportunidade de acadar a condición de persoal fixo debido, nalgunhas categorías, ás exiguas ofertas de emprego, e noutras (persoal de hostalaría, persoal de mantemento) a carencia total de oferta de prazas dende o ano 2009.

O persoal temporal queda totalmente excluído do acceso á Carreira polo “sistema de encadre”, isto é queda excluído do acceso a retribución por este concepto.

É máis, coa proposta do Sergas, dentro do persoal temporal, só se lle permitirá o acceso a un denominado “grao inicial”, NON RETRIBUÍDO, ao persoal interino. O persoal eventual NIN SE MENCIONA.

Para rematar, engadir que trala entrega de xa catro borradores parciais, o SERGAS segue sen dicir cal vai ser o valor dos graos para cada colectivo.

CIG-Saúde insta a Sergas a que deixe de dilatar esta cuestión e que confirme xa o mantemento dos valores actuais dos graos de Carreira. Ningunha outra posibilidade sería aceptable.

Para seguir defendendo a xustiza no recoñecemento do servizo prestado polas/os profesionais, pola consolidación do principio de non discriminación entre o persoal temporal e fixo...

Pé páxina concentracións

 
 



No caso de que atopes unha ligazón errónea ou queras recomendarnos algunha, colabora con nós e envíanos un mail a ligazons@cig-saude.info

 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto