Noticias Persoal Outras novas Non á carreira que consolida a discriminación salarial no Sergas
 
 

Non á carreira que consolida a discriminación salarial no Sergas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Encabezado carreira

No último trimestre do ano 2017 as Organizacións Sindicais da Mesa Sectorial acordamos constituír unha plataforma sindical para demandar do SERGAS o cumprimento dos acordos asinados na mesa sectorial e suspendidos desde o ano 2010:

Ü  Acordo retributivo 2008/2012. Que contempla unha suba salarial para todas as categorías, e un incremento da atención continuada: noites, festivos, gardas…

Ü  Carreira profesional.

Ü  Acordo retributivo de PACs.

Como medidas de presión, e ante a negativa do SERGAS a negociar nada, as Organizacións Sindicais da Mesa Sectorial acordamos facer FOLGA os días 2 e 3 de novembro. Uns días antes á devandita convocatoria e coa intención de desmobilizar, o SERGAS convoca unha reunión na que oferta falar só de carreira profesional.

E como chantaxe, ofrece a sinatura dunha acta que simplemente era un cheque en branco para a Administración. Acta que CIG-Saúde non asinou, e mantivo a convocatoria de folga.

E agora o SERGAS, con este cheque en branco, mantén unha postura de forza na Mesa Sectorial que impide a negociación da carreira profesional, mantendo unha postura intransixente, e non acepta negociar ningunha das propostas que presenta a CIG-SAÚDE.

Que carreira se está a negociar na mesa sectorial? “A CARREIRA DA DISCRIMINACIÓN”

  • Unha carreira que non recoñece a antigüidade das/os profesionais. Impide acceder ao grao que te corresponde en función da túa antigüidade.
  • Unha carreira que deixa fóra a todo o persoal temporal: interinas/os, contratadas/os de longa duración…
  • Unha carreira que non permite acceder ao grao que lle corresponde ao persoal de promoción interna, polo simple feito de ter aprobada máis dunha OPE no SERGAS.
  • Unha carreira negociada no contexto da taxa de reposición, taxa pactada cos sindicatos estatais e co voto en contra da CIG, que impide a consolidación do persoal como persoal fixo.
    • Desde o ano 2008 non se convocaron prazas das categorías dos Grupos C1 e E, e estes/as interinos/as agora quedan fóra do Réxime transitorio e excepcional de encadramento: persoal de hostalaría, mantemento…
    • Tampouco entrarán as categorías que xa teñen OPE en curso ou que aínda non tomaron posesión: FEAs, Traballador/a social, TCAES, PSX, celadoras/es, auxiliar Administrativo…
    • Estes colectivos van ser dobremente penalizados. Son os colectivos que teñen suspendidos o IV grao de carreira e, agora, son os colectivos que maioritariamente quedarán fóra do Réxime transitorio e excepcional de encadramento da carreira profesional.

CIG-SAÚDE non acepta esta carreira profesional!

As Organizacións Sindicais non podemos aceptar unha carreira profesional que incrementa a discriminación salarial e, que ten os mesmos efectos que a crise: castiga aos colectivos con menor retribución e con maior precariedade laboral no SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto