Noticias Persoal Outras novas Inicio de folga indefinida no Hospital de Monforte
 
 

Inicio de folga indefinida no Hospital de Monforte

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

No día de hoxe, o persoal do Hospital Comarcal de Monforte comeza unha folga indefinida que se fará efectiva os martes e xoves de cada semana.

Teñen máis motivos ca nunca para facerse escoitar, tanto pola defensa dos seus dereitos laborais, como pola defensa da Sanidade Pública para unha atención de calidade aos seus usuarios/as.

IMG-20180424-WA0016

No decálogo de motivos para levar adiante esta folga recóllense as cuestións máis candentes, pero aínda quedan máis:

  • Pola aprobación no parlamento da nova lei de saúde, que deixa a área de Monforte como distrito sanitario
  • Pola supresión de prazas dalgunha categoría
  • Pola nula capacidade de negociación da Directora de Enfermaría, polo que se solicita o seu cese
  • Pola falta de persoal no hospital dende hai máis de 10 anos en tódalas categorías
  • Polo peche de plantas
  • Polas derivacións de probas e tratamentos á sanidade privada
  • Polas longas listas de espera
  • Pola modificación unilateral de carteleiras de traballo
  • Pola mobilización do persoal por todas as unidades para evitar contratar
  • Pola falta de cobertura das ausencias do persoal do centro
  • Pola presión asistencial que está a sufrir o persoal
  • Polos problemas provocados pola dirección do centro á hora de conceder permisos

Non podemos facer outra cousa que enviar o apoio da CIG ás compañeiras/os de Monforte, agradecerlles o exemplo que dan na loita dos intereses da poboación e dos seus propios.

Por outra banda manifestar a satisfacción da CIG polo seguimento da folga, a pesares dos abusivos servizos mínimos (xa denunciados). As/os compañeiras/os foron quen de parar a actividade cirúrxica (excepto as prioridades 1), o servizo de Radioloxía, varias consultas e a ralentización doutras unidades como o laboratorio....

Esperemos que dende a cúpula da EOXI baixen á terra e atendan ao clamor dun persoal que leva anos sufrindo penosas condicións e que agora están dispostas a facerse oír.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto