Noticias Persoal Outras novas colexiación hixienistas dentais
 
 

colexiación hixienistas dentais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá remitimos o seguinte escrito á Consellaría sobre a colexiación d@s hixienistas dentais:

 

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.

 

O DOG nº 179, do 16 de setembro de 2008, publica o Decreto 201/2008, do 24 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galiza.

Neste momento o devandito colexio está a requirir das/os profesionais que exercen a súa actividade nos centros do Servizo Galego de Saúde a obrigatoriedade da colexiación. O devandito requirimento baséase na nota que a Consellaría de Sanidade enviou con data 23 de febreiro de 2010 aos colexios oficiais, comunicándolles a entrada en vigor da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galiza para a súa adaptación á Directiva 2006/123/ CE do Parlamento Europeo.

A Lei 1/2010, de 11 de febreiro recolle no seu artigo 3º a obrigatoriedade da colexiación para as/os profesionais médicas/os e demais profesionais da ciencias da saúde, cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan como destinatario inmediato as/os usuarios…

 

A Lei 44/2003,do 21 de novembro, de Ordenación das Profesións Sanitarias recolle no seu articulado o seguinte:

Artigo 2.- Profesións Sanitarias tituladas.

1.-De conformidade co artigo 36 da Constitución, e para os efectos desta Lei, son profesións sanitarias tituladas e reguladas, aquelas na que a súa formación pregraduada ou especializada diríxese especificamente e fundamentalmente a dotar de interes, dos coñecementos, habilidades e actitudes propias das atención de saúde, e que están organizadas en colexios profesionais oficialmente recoñecidos polos poderes públicos.

2.- As profesións sanitarias estrutúranse nos seguintes grupos.

a.- De nivel Licenciado

b.- De nivel Diplomado.

 

Artigo 3.- Profesións do área sanitaria de Formación Profesional

1.- Son profesións da área sanitaria de formación profesional que posúe os títulos de F.P da familia profesional sanidade.

2.- Os profesionais da área sanitaria de F.P estrutúranse nos seguintes grupos:

a.- De grao Superior

b.- D e grao Medio.


En ningún apartado da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de Ordenación das Profesións Sanitarias se recolle a colexiación profesional para os profesionais da área sanitaria de formación profesional.

Desde CIG-SAÚDE entendemos que a intención da Consellaría de Sanidade non é lexislar contradicindo a Lei 44/2003; polo que solicitamos da Consellaría de Sanidade clarifique, á maior brevidade posible, que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, estase a referir que a colexiación obrigatoria, que nela se recolle, é para as profesións sanitarias tituladas universitarias. Obrigatoriedade que desde CIG-SAÚDE non compartimos e que reiteradamente temos solicitada a libre colexiación.

Asi mesmo solicitamos que isto se lle faga chegar aos Colexios Profesionais de titulados da área sanitaria de formación Profesional.


Agardando a súa contestación na maior brevidade posible


Atentamente.

Compostela, 26 de xullo de 2010.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto