Noticias Persoal Outras novas Maioría absoluta da CIG-Saúde nos institutos de investigación sanitaria
 
 

Maioría absoluta da CIG-Saúde nos institutos de investigación sanitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Obtivo catorce delegadas/os dun total de vinte e tres

Rematado o proceso de eleccións sindicais nos institutos de investigación biomédica de Galiza, a CIG-Saúde acadou a maioría absoluta, obtendo unha representación de 14 delegados/as dun total de 23. Iníciase agora un proceso de negociación para o recoñecemento laboral e retributivo deste colectivo de profesionais de alto nivel que traballa para mellorar a sanidade pública. Por iso a central sindical pretende, entre outras cuestións, crear un marco normativo, na forma de convenio laboral específico, que permita “dignificar o traballo que se leva a cabo no día a día nas tres grandes Fundación Sanitarias de Galiza”.

As Fundacións de Investigación Sanitaria dos Hospitais xurdiron para axudar a xestionar, organizar e promovera  investigación realizada desde o entorno hospitalario. Non teñen o percorrido nin a tradición doutros centros que contribúen á tarefa investigadora, como as universidades ou que constitúena  esencia mesma do seu ser, como o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Porén, debido ao interese e ao traballo de múltiples actores –principalmente as persoas que traballan nelas- crecen de ano a ano e reclaman un papel e unha importancia no ámbito investigador que aínda se lles nega.

A CIG entende que estas fundacións deben dar moito máis de si en Galiza, para ofrecer e rendibilizar todo o potencial que atesouran. Defende que o capital máis prezado é o humano , un valor que no caso da investigación se acrecenta. Por iso entende que é imprescindíbel configurar unj marco laboral definido e uniforme, flexible, pero seguro, que determine claramete os deberes do seu persoal, mais tamén que permita e promova a súa carreira profesional; un entorno que asegure a dignidade da investigación biomédica en todas as súas facetas, desde as máis experimentais e próximas ás/aos doentes, até as máis innovadoras e transformadoras, pasando polas de xestión e promoción.

Contratación e selección do persoal

Por iso a CIG-Saúde defende o establecemento de categorías profesionais para todos e cada un dos perfís actuais, tanto para o persoal investigador como para o de xestión e que se definan os procedementos de acceso aos distintos postos de traballo, na procura dun sistema de selección e contratación igualitario e transparente.

Estabilización

Xunto a isto aposta por negociar os procedementos adecuados para conseguir a correcta estabilización laboral do persoal das Fundacións e traballará na procura do recoñecemento da antigüidade laboral coa implantación do sistema de trienios ademais de defendera  acreditación da experiencia laboral adquirida nas fundacións, para oposicións/promocións do sistema público de saúde.

Sistema retributivo

Respecto do sistema retributivo a CIG loitará por que se recolla cada especialidade dos distintos postos de traballo e que permita a equiparación salarial co SERGAS; pola creación de táboas salariais acordes cos postos de traballo existentes e por que se negocie unha carreira profesional que recoñeza e retribúa a traxectoria profesional e o compromiso coa organización.

Ademais negociará a correcta regulación de permisos e licencias tomando como referencia as normativas afíns do nos territorio e definirá de maneira máis clara a xornada laboral, o cómputo de horas laborais ou as distintas quendas de traballo.

Podes ver a nova completa en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto