A Carreira Profesional é o recoñecemento expreso e de forma individualizada do desenvolvemento acadado polxs profesionais en canto a coñecementos, experiencia nas tarefas asistenciais, docencia e investigación, o cumprimento dos obxectivos e o compromiso coa organización na que presten os seus servizos. Estruturada en 4 graos en función da antigüidade de cada profesional. A avaliación positiva xera o dereito á percepción dun complemento retributivo.
A Carreira Profesional non é un recoñecemento do vínculo laboral: é igual para o persoal fixo ou temporal.
A Carreira é un recoñecemento individual por iso defendemos que ten que situar a cada unha/un no grao que lle corresponde mediante un sistema de encadre.
CIG-SAÚDE seguirá a defender unha carreira profesional sen discriminación e con sistema de encadre no grao que corresponda.
CIG-SAÚDE esixe que o valor retributivo do grao sexa o mesmo valor que no réxime extraordinario. A Consellaría de Sanidade ten que incluír nos orzamentos do ano 2019 a contía da Carreira Profesional de todo o persoal do SERGAS.
Descarga aquí o noso panfleto.