Noticias Persoal Outras novas ONCE (11) ANOS DE GOBERNO DO PP = Retroceso nas condicións laborais do persoal facultativo.
 
 

ONCE (11) ANOS DE GOBERNO DO PP = Retroceso nas condicións laborais do persoal facultativo.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
AGM1
 
ONCE (11) ANOS DE GOBERNO DO PP = Retroceso nas condicións laborais do persoal facultativo.     


No ano 2007, nunha situación laboral similar á que hoxe está a padecer o persoal facultativo, negociouse na Mesa Sectorial do SERGAS un acordo de estabilidade do persoal Facultativo, como así se recolle na ACTA asinada entre o SERGAS é as organizacións sindicais.

 

Na devandita acta recóllense, entre outros, os seguintes acordos:

Acta-Lista-FEAS

Particularmente, nese marco analizarase coa maior brevidade posible o sistema de incorporación/cesamento de profesionais, de acordo coas necesidades existentes tras a toma de posesión. Darase relevancia en todo caso, á experiencia profesional acreditada no SERGAS e ao resultado da fase de selección do proceso selectivo. 

 

ONCE ANOS DESPOIS CAL É A SITUACIÓN?

 

  • O SERGAS, a pesares das reiteradas peticións que fixemos as organizacións sindicais da Mesa Sectorial, segue a ter paralizada a negociación do proceso de selección temporal de FEAS, impedindo que existan unha listaxes de contratacións confeccionadas tras a negociación dun baremo, para ofertar os vínculos do SERGAS atendendo aos principios de igualdade, mérito e capacidade.
  • Ditas listaxes tamén se utilizarían como criterio de cese, cesando a/o profesional que menos puntuación acreditase.
  • CIG-SAÚDE esixe do SERGAS que convoque xa a comisión técnica de selección temporal de FEAS, que leva meses sen convocar.
  • CIG-SAÚDE ten proposto ao SERGAS que os nomeamentos do persoal sexan por distritos, que será o seu ámbito de prestación, e non un nomeamento de área. 
  • Coa modificación da Lei de Saúde o ámbito de prestación das áreas será provincial, nas provincias de Ourense e Lugo, e no resto haberá unha mobilidade forzosa entre os hospitais da mesma área.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto