→Para o persoal que está en quenda diurna (mañás ou tardes) a xornada a aplicar é de 1645 horas
→Para o persoal que fai noites a xornada calcúlase segundo a táboa do acordo de concertación. Agora ben, a táboa a empregar despois dos diferentes recortes é a que ven recollida na instrución do SERGAS do 21 de marzo de 2012 para o cálculo da xornada.
→Se tes traballado todo o ano en quenda diurna e fixeches algunha noite por calquera circunstacia puntual, aplícase a seguinte fórmula para o cálculo de xornada:
X= 1620-3N (Sendo X a xornada anual efectiva expresada en número de horas e N o número de noites efectivamente realizado)
→Se traballas menos do ano:
- nos contratos superiores a 31 dias aplícase a seguinte fórmula:
X (D) = 1641*D/329-3*N(D)
(Suposto excepcional para unha proxección anual de noites superior a 63: X(D)=1451*D/329 )
- nos contratos inferiores a 31 días:
X (D) = 1645*D/329
Táboa de xornada (preme para ampliar)