Noticias Persoal Outras novas CIG-SAÚDE apoia o documento de carreira profesional pactado na mesa sectorial do SERGAS
 
 

CIG-SAÚDE apoia o documento de carreira profesional pactado na mesa sectorial do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Despois de 8 meses de negociación na mesa sectorial, mobilizacións e folga, desde a CIG SAÚDE conseguimos superar as limitacións que había na negociación da carreira, condicionada pola acta asinada polo resto das organizacións sindicais de mesa sectorial, que non incluía ao persoal interino na carreira, condicionaba o valor económico do complemento de carreira ás dispoñibilidades orzamentarias e limitaba o acceso excepcional a un só grao retribuído.

A CIG SAÚDE soportou a intención dalgunha Organización Sindical, que pretendía que a Admón nos deixase fóra desta negociación, e que só negociase coas/os asinantes da acta. Tamén houbo de soportar unha campaña baseada en argumentos absurdos e claramente demagóxicos que xa forman parte da campaña electoral para as eleccións sindicais do 2019, sen que puidéramos observar a mesma combatividade na negociación da Carreira na Mesa Sectorial.

O logro das medidas que se recollen neste acordo é froito do traballo sindical da CIG SAÚDE e das/os traballadoras/es. O persoal, coa información que as/os delegadas/os lle facían chegar, apoiaron as mobilizacións, que en solitario convocaba a CIG SAÚDE, para que se producira unha verdadeira negociación de carreira.

Estes son os motivos polos que desde a CIG SAÚDE decidimos asinar este documento de Carreira Profesional:

  1. Por contar co apoio das/os traballadoras/es que formaron parte desta negociación coa súa participación nas mobilizacións convocadas pola CIG SAÚDE.
  2. Por conseguir negociar un único documento de carreira profesional para todas as categorías, a diferencia do réxime extraordinario, que se cobrou con anos de diferencia segundo as categorías.
  3. Por ter superado as limitacións iniciais na  negociación, que foran aceptadas nunha acta asinada polo resto de organizacións sindicais da Mesa sectorial:
    • Porque a carreira ordinaria inclúe ao persoal interino que quedaba fóra.
    • Porque o valor retributivo do grao desta carrreira é o mesmo valor que o do réxime extraordinario.
    • Porque o persoal vai acceder a 2 graos de carreira de xeito excepcional.
  4. Porque se establece un sistema de carreira ordinaria sen cupos, todo o persoal poderá acceder a carreira.
  5. Porque o SERGAS con este acordo restitúe un dos acordos suspendidos desde o ano 2010.

CIG SAÚDE recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difícil chegar ao 100%. e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto de traballadoras e traballadores e para o desenvolvemento da sanidade pública do futuro.

Agora todas as organizacións apuntaranse a isto, mais agardamos que reflexionen sobre a acta que asinaron, que dificultou esta negociación.

O esforzo negociador da CIG SAÚDE  conseguiu que o SERGAS incremente a masa salarial destinada á Carreira Profesional en máis do dobre do previsto inicialmente.

Este recoñecemento ao persoal é imprescindible para poñer en valor o esforzo dos/as traballadoras ao longo destes últimos 8 anos, tanto no ámbito económico como no laboral.

Cadro do valor do grao:

Categoría profesional   Valor Grao €/ano
 Licenciado/a sanitario/a  2937,84 €
 Diplomado/a sanitario/a  1836,24 €

 A1 xestión e servizos

2364,96 € 
A2 xestión e servizos 1655,04 €
C1 xestión e servizos, sanitario de F.P.        1067,40 €

C2 xestión e servizos, sanitario de F.P.

905,88 €
E Agrupacións Profesionais 732,12 €

 

Ver acta de sinatura.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto