Noticias Persoal Outras novas Encadres na carreira profesional ordinaria do SERGAS
 
 

Encadres na carreira profesional ordinaria do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1º ENCADRE (Réxime transitorio e excepcional de encadramento)

  • Activo (ou con reserva de praza) o 1 de xullo de 2018, no SERGAS.
  • Para o persoal con alomenos un grao de carreira profesional:
    • Servizos prestados persoal licenciado sanitario:
      • Para acceder a grao II: 12 anos
      • Para acceder a grao III: 18 anos
      • Para acceder a grao IV: 23 anos
    • Servizos prestados persoal diplomado sanitario, persoal sanitario de FP e persoal de xestión e servizos:
      • Para acceder a grao II: 12 anos
      • Para acceder a grao III: 19 anos
      • Para acceder a grao IV: 25 anos
  • Para o persoal que non teña recoñecido ningún grao de carreira profesional:
    • Acreditar un mínimo de 5 anos de servizos prestados como persoal estatutario.
    • Desta experiencia, alomenos un ano deberá ser como persoal estatutario fixo.
  • O persoal funcionario e laboral fixo incluído no ámbito de aplicación dos Decretos 447/1996 e 91/2007, poderá acceder, previa integración, ao grao I nas condicións e efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.
  • O recoñecemento do grao requirirá a avaliación favorable dos méritos específicos para este réxime transitorio e excepcional.
  • O pago do complemento de carreira recoñecido producirase en dúas anualidades:
    • O 60% do valor do grao no ano 2019
    • O 100% no ano 2020.

 

2º ENCADRE (Procedemento ordinario)

  • A primeira convocatoria para acceder aos graos I a IV, consonte ao procedemento ordinario, publicarase no segundo semestre do ano 2020.
  • O persoal fixo antes do 1 de decembro de 2011, quedará exonerado do requisito de permanencia no grao anterior previsto no Acordo, sempre que tivera permanecido continuadamente en situación de servizo activo e poderá solicitar xa o seguinte Grao que lle corresponda.
  • Tamén se aplica ao persoal dos modelos tradicionais de atención primaria que estea integrado funcionalmente.
  • Os criterios de avaliación serán os do procedemento ordinario.
  • O pago do complemento de carreira recoñecido producirase en dúas anualidades:
    • O 50% do valor do grao no ano 2021 
    • O 100% no ano 2022.
ENCADRE  SOLICITUDE  DATA COBRO 

 % de cobro do COMPLEMENTO ACADADO

 1º ENCADRE

(Réxime transitorio e excepcional de encadramento

 
 Segundo semestre 2018   1 xaneiro 2019  60%
 1 xaneiro 2020  100%

 2º ENCADRE

(Procedemento ordinario)

 Segundo semestre 2020  1 xaneiro 2021  50%
 1 xaneiro 2022  100%
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto