Noticias Sanidade Pública Mesas Sectoriais Información sobre a Mesa Sectorial
 
 

Información sobre a Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2010.


Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.

Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento  parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.

Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.

 

Conclusións de CIG-SAÚDE sobre o PORH.


Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.

O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senón unha norma que lle permita a Admón xogar coas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras, globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñarán tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

No mes de setembro teremos unha nova reunión das organizacións sindicais de Mesa Sectorial para analizar as posibilidades de adoptar medidas concretas contra os dous documentos do Sergas: xestión integrada e PORH. Independentemente das actuacións que poidamos facer de futuro co resto das organizacións, nós faremos unha campaña intensiva de explicación dos documentos do SERGAS e das nosas alegacións.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto