Noticias Persoal Traslados Publicación da resolución definitiva do ciclo de adxudicación do ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente de licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria
 
 

Publicación da resolución definitiva do ciclo de adxudicación do ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente de licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Pódense consultar as listas coa puntuación na páxina do SERGAS: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Concurso-de-traslados-aberto-e-permanente

Ou ben, pódese consultar o estado de cada solicitude polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

Segundo as instrucións emitidas pola Dirección de RRHH do SERGAS os prazos, con carácter xeral,  serán os seguintes:

  • CESAMENTO: o luns 8 de outubro de 2018

No suposto de atoparse disfrutando de permiso, licencza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento queda diferido ata a incorporación á praza de orixe.

  • PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN:
    • Sen prazo posesorio, é dicir, o día 9 de outubro: aquelas persoas que non cambien de centro de destino (comisión de servizos, reingresos provisionais...)
    • 3 días hábiles, é dicir, ata o 11 de outubro: para cambios de centro de destino dentro da mesma EOXI.
    • 15 días hábiles, é dicir, ata o 30 de outubro: para cambios a prazas de distinta EOXI.
    • Un mes: para persoas procedentes doutro servizo de saúde, reingreso ao servizo activo.

 

Para máis información diríxete ás nosas seccións sindicais nos centros.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto