Noticias Persoal Contratacións Modificación do pacto de contratacións
 
 

Modificación do pacto de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a  RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do acordo da Mesa Sectorial de Sanidade do 16 de outubro de 2018, de modificación do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

Esta modificación do Pacto de selección temporal do SERGAS fai realidade o compromiso acadado na Mesa Sectorial de Sanidade durante a negociación da carreira profesional ordinaria.

A partir de agora e de forma paulatina as persoas con maior puntuación nas listas de contratacións poderán optar a unha interinidade en praza vacante independentemente de que xa estean vinculados a unha substitución nominal de longa duración.

CAMBIOS INCLUÍDOS

Cláusula III.2. Orde de chamamentos.

A formalización de nomeamentos de longa duración –interinidade en praza vacante ou calquera outro de duración inicial previsible igual ou superior ao ano– a xornada completa ofertarase, en todo caso, á persoa que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria ou ámbito territorial que corresponda, con independencia de que aquela estea vinculada, ao tempo de chamamento,

a) por un nomeamento estatutario temporal a xornada completa de duración inferior ao ano,

b) por un nomeamento a tempo parcial calquera que sexa a súa duración,

c) ou por un nomeamento de substitución a xornada completa de duración previsible igual ou superior ao ano; neste último suposto, só cando o vínculo que se oferte sexa unha interinidade en praza vacante.

Como excepción, as persoas aspirantes inscritas nas listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, encontrándose vinculadas por un nomeamento de longa duración nunha destas categorías, renuncien a un nomeamento de substitución de duración previsible igual ou superior a un ano na outra categoría de inscrición, permanecerán como indispoñibles para sucesivos nomeamentos deste tipo nesta última ata a finalización do seu vínculo, e só como dispoñibles para vínculos como interinos en praza vacante. A renuncia a un nomeamento de interinidade suporá a indispoñibilidade para sucesivas ofertas nesta última categoría ata a finalización do vínculo na outra categoría compatible.

Cláusula IV.5. Excepcións ao réxime de penalizacións.

O persoal que se encontre vinculado por un nomeamento de substitución a xornada completa, de duración previsible igual ou superior ao ano, ao cal se lle oferte unha interinidade en praza vacante poderá renunciar a esta, sen penalización, permanecendo como indispoñible para sucesivos chamamentos desta mesma clase ata a finalización do seu vínculo.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto