Noticias Persoal OPE Información Comisión Técnica de Provisión de Prazas
 
 

Información Comisión Técnica de Provisión de Prazas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado martes levouse a cabo a primeira reunión da Comisión Técnica de Provisión de Prazas, que pretende sentar as bases sobre as que se regulen os procesos de provisión vindeiros (OPEs, Concursos de Traslados). Esta é a información sobre esa reunión:

 

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE PROVISIÓN DE PRAZAS 27 - XULLO - 2010.

 

Tratábase dunha primeira reunión de toma de contacto. A primeira reunión xa de traballo será na 2ª quincena de setembro, e posteriormente de forma mensual, con idea de que teña continuidade como comisión de seguimento.

 

Puxéronse sobre a mesa os principais puntos que se ían tocar nas sucesivas reunións:

 

  • Instruccións de incorporacións e ceses da OPE en marcha. Envían un documento con estas instruccións para que lles fagamos chegar as nosas alegacións antes de 10 días.

  • Plans de Acollida dos centros. Irán enviando os borradores dos distintos Plans de Acollida a medida que os vaian elaborando para que poidamos traballar sobre eles e facer as nosas alegacións.

  • Criterios estables de baremación.

  • Convocatoria:

    • O SERGAS falou de tratar o tema de que na convocatoria se recolla dalgún xeito (como xa se fai noutros servizos de saúde) que as persoas que se presenten á OPE non poidan ser propietarias dunha praza da mesma categoría noutro servizo de saúde. Ante isto, desde a CIG-Saúde xa puxemos enriba da mesa que non se pode falar deste tema sen que se garanta a convocatoria do 100% das prazas. Neste sentido o SERGAS respondeu que a súa intención é que se valore convocar e resolver os traslados previamente á OPE.

    • Quenda de discapacidade. Capacidade funcional, adaptación de postos...

    • Baremos: actualización e mellora. Neste punto como CIG-Saúde lembrámoslles que se na negociación do novo Pacto de Contratacións se optou pola vía de utilizar o baremo OPE, os baremos para ambos procesos deberían de ser os mesmos. É dicir, para selección temporal e definitiva o baremo a utilizar terán que ser os mesmos e non como sucedía ata agora que había cousas que se valoraban para un proceso e para outro non. Neste sentido, esiximos que se negocien os baremos dos dous procesos conxuntamente.

  • Traslados: valorar se existe a necesidade de cambiar o baremo, dándolle tamén unha valoración a outros parámetros ademais da experiencia.

  • Oposición: Tribunais (criterios de nomeamento, guía de formación dos tribunais, guía de funcionamento...)

 

Desde CIG-Saúde insistimos na necesidade dunhas instruccións de incorporacións e ceses que fosen clarificadoras para que non se deran casos de confusión como os vividos na última OPE. Nomeadamente esiximos que se clarifiquen as incorporacións das persoas seleccionadas pola quenda de discapacidade e das persoas que se atopan en situación de IT, para que se saiba con certeza cómo se van realizar estes procesos. No caso da quenda de discapacidade esiximos que sexan valoradas pola UPRL antes da toma de posesión para que lle sexan ofertados os postos adecuados á súa capacidade funcional.


* Documento Borrador de Instruccións Incorporacións e Ceses da OPE 2009 entregado .

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto