Noticias Persoal OPE OPE CTG: Nomeamento como persoal laboral e adxudicación de destino definitivo
 
 

OPE CTG: Nomeamento como persoal laboral e adxudicación de destino definitivo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral e á adxudicación de destino definitivo aos aspirantes seleccionados no concurso oposición para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Finaliza o proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo para o ingreso nas categorías de:

  • médico/a especialista en hematoloxía e hemoterapia
  • médico/a xeral
  • técnico/a superior
  • responsable de comunicación
  • enfermeiro/a
  • técnico/a especialista de laboratorio
  • promotor/a da doazón
  • auxiliar administrativo
  • auxiliar de informática
  • auxiliar clínica/laboratorio
  • condutor celador/a

Os/as aspirantes que superen o proceso selectivo poderán exercer a súa opción de integración no réxime estatutario no prazo previsto para a toma de posesión do posto adxudicado.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para se incorporar á praza adxudicada.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto