Noticias Persoal Outras novas CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs
 
 

CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Defende que se traslade ao persoal información “veraz e transparente”

CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs

Compostela, 27 de febreiro de 2019.

Foi necesario que PACs en Pé de Guerra se mobilizara durante un ano e que se convocara unha folga indefinida para que o SERGAS tivera a ben presentar, neste mes de febreiro, unha proposta que, tal e como se manifestou na mesa por representantes do comité de folga, atendía no 95% das demandas. Unha proposta sobre a que a CIG-Saúde propón traballar para solucionar, na súa totalidade, as demandas das e dos traballadores dos Puntos de Atención Continuada.

Por iso a CIG-Saúde non entende o posicionamento que defenden CCOO e OMEGA, máis alá de atender os seus intereses, “puramente electorais”, porque “en vez de manter a unidade de acción e sumarse ao traballo conxunto para acadar as demandas, convocaron para esta mesma mañá unha rolda de prensa sen previa reunión coas áreas e as comarcas e máis cando catro persoas do comité de folga presentaron a súa dimisión. Algo do que a CIG non vai participar”.

Para María Xosé Abuín “o que toca é recompoñer esta situación, escoitar por que o persoal rexeitou a proposta, cales son as melloras e obxectivos que percibe que non están aínda contemplados e traballar conxuntamente nese sentido para acadalos”.

Por iso defende que a información referida ás propostas presentadas en Mesa Sectorial se trasladen con transparencia, veracidade e sen manipulación algunha a todas as traballadoras e traballadores para o seu coñecemento e valoración.

A CIG-Saúde aposta polo cumprimento dos Acordos acadados en 2008 -que leva desde aquela demandando que se apliquen- para mellorar as condicións laborais e asistenciais. Unha mellora pola que seguirá loitando incansablemente. Entende ademais que “asinar acordos co SERGAS non é un fin en si mesmo, senón acadar esas melloras”.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto