Noticias Persoal OPE Convocatoria exames OPE na categoría de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual
 
 

Convocatoria exames OPE na categoría de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Venres 7 de xuño de 2019.

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións definitivas do primeiro exercicio e o lugar e a data de realización do segundo e terceiro exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, quenda de discapacidade intelectual, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018.

Publícase na páxina web do SERGAS o modelo definitivo de respostas e ás puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, quenda de discapacidade intelectual.

Ábrese un prazo de reclamación a estas puntuacións provisionais de cinco días hábiles (do 10 ao 15 de xuño de 2019).

 

Convócase as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio deste proceso para a realización do segundo e terceiro exercicio que integran a fase de oposición:

  • Data: 22 de xuño de 2019.
  • Hora: 16.30 horas.
  • Lugar: aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Sur, Santiago de Compostela.

Deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto