Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Novas privatizacións e demonización do IVE
 
 

Novas privatizacións e demonización do IVE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Diante das informacións publicadas hoxe en diversos medios sobre os concertos que a Consellaría de Sanidade está a facer con clínicas privadas para a derivación das Interrupcións Voluntarias do Embarazo, e baseándose a Consellaría nunha suposta "obxección de conciencia masiva" que seica impide que haxa profesionais que poidan realizar esta tarefa, enviamos o seguinte escrito á Conselleira esta mañá:

 

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.



Ante as informacións publicadas no día de hoxe en diversos medios de comunicación sobre os concertos con clínicas privadas que se están a levar a cabo desde esta Consellaría para derivar a éstas as Interrupcións Voluntarias do Embarazo que poidan requerirse ao abeiro da nova Lei, parece ser que segundo esta Consellaría necesarios ante a que parece unha “masiva” acollida á obxección de conciencia por parte dos/das profesionais, desde CIG-Saúde queremos manifestar:


  1. O que parece ser un acollemento en masa á obxección de conciencia por parte do persoal do SERGAS non deixa de ser unha manifestación desta Consellaría da que non temos constatación oficial, posto que en ningún momento se teñen posto enriba da mesa datos obxectivos nos que se aprecie tal actitude por parte dos/das profesionais da Sanidade Pública. Amais, se a información desta numerosa obxección de conciencia emana do cuestionario que dun xeito prácticamente “secreto” se remitiu no seu día aos/ás traballadores/as, gustaríanos lembrarlle que  CIG-Saúde solicitou reiteradamente na Mesa Sectorial celebrada o pasado  20 de xullo que se nos informase do contido dese cuestionario, estando inda agardando por esta información. Deste xeito, existe un escurantismo sobre os contidos do cuestionario e tamén do proceso que se seguiu para realizalo que indica claramente por unha banda, un ánimo de terxiversar os verdadeiros datos da obxección de conciencia, e pola outra, ocultar un intento de “coaccionar” ou “dirixir” dalgún xeito as respostas do persoal interino, que sinte perigar as súas condicións laborais se non resposta o que se pretende que resposte.
  2. Desde CIG-Saúde denunciamos unha vez máis o afán privatizador desta Conselleira, que baseándose en informacións que son descoñecidas públicamente e que non foron contrastadas, concerta con clínicas privadas servizos que deberían ser ofertados nos hospitais públicos, canto máis en temas tan delicados como o da Interrupción do Embarazo, demonizando deste xeito non só á Sanidade Pública e aos/ás seus/súas profesionais, senón tamén a Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo e a aquelas pacientes que deciden facer uso dela.
  3. Esiximos unha vez máis que se nos remita o contido do cuestionario enviado ás/aos profesionais, así como os “resultados” obtidos. Do mesmo xeito, emprazamos á señora Conselleira a que oferte nos centros públicos este servizo e que non se ampare en informacións ocultas e falseadas para, máis unha vez, poñer en mans privadas servizos que debería ser 100% públicos. Faino ademais, conseguindo unhas “rebaixas” que se nos queren vender coma se foran un aforro, cando en realidade existen servizos e profesionais na Sanidade Pública que poderían realizar estas IVE sen que tiveramos que pagar prebendas de ningún tipo a empresas privadas.


Agardando a súa resposta, atentamente:





Compostela, 13 de agosto de 2010.

Executiva Nacional CIG-Saúde.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto