Noticias Persoal Traslados Publicación resolución definitiva concurso de traslados aberto e permanente 2019
 
 

Publicación resolución definitiva concurso de traslados aberto e permanente 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 30 de setembro de 2019.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

Na categoría de médico/a de familia de atención primaria, o cesamento e a toma de posesión dos novos destinos efectuarase de modo simultáneo á incorporación dos/das aspirantes seleccionados/as na convocatoria de OPE desta categoría (previsiblemente no mes de novembro de 2019).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto