Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria "austeridade", privatización, precarización... a central de chamadas outra vez á palestra
 
 

"austeridade", privatización, precarización... a central de chamadas outra vez á palestra

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

573-47981-a-CARTAZberroSae hoxe publicado no DOG un anuncio de licitación para a contratación do servizo de atención telefónica de Cita Previa de Atención Primaria do SERGAS, e faino por un montante de 1.950.000 euriños de nada para un período dun ano, ou sexa, dous millóns para contratar unha empresa privada que se encargue de xestionar durante un ano (iso si, con dereito á prórroga, con máis euriños de por medio) as chamadas para petición de cita previa que, por rebosamento (posto que a intención do SERGAS é voltar a cita previa aos centros, é dicir, ao xa polisaturado persoal administrativo e de servizos xerais), se produzan.

 

En qué se traduce isto? En que a administración da señora Farjas e a súa mal chamada "austeridade" van dilapidar 2 millóns de euros en cambiar a empresa adxudicataria  dun servizo que debería ser totalmente público, modificando ademais as condicións, posto que retornan a cita previa aos centros de saúde, precarizando máis as condicións de traballo do persoal que atende esas chamadas e deixando exclusivamente para a xestión da empresa as chamadas que se produzan por rebosamento, é dicir, aquelas que se produzan nos momentos en que @s PSX e Aux. Administrativos non sexan capaces de atender todo o traballo que teñen enriba e atender ademais o teléfono.

 

Para isto precisan regalar 2 millóns a unha empresa privada? Tendo en conta ademais que a plataforma informática necesaria para a xestión das chamadas é propia do SERGAS e que xa viña funcionando coa anterior empresa, quizais esa cantidade é excesiva, non? Acusan @s traballadores de magastar os cartos públicos, suspenden os acordos retributivos, reducen os salarios, racanean nas substitucións... pero para pagarlle a empresas alleas por servizos que ben se poderían facer desde a pública, hai millóns a esgalla.

 

Con eses dous millóns de euros poderíanse contratar uns 140 PSX para aliviar as xa de por sí abondosas cargas d@s actuais ou, tal e como esixía e esixe CIG-Saúde desde hai moito tempo, levar a cabo a contratación deste persoal estatutario para facer ese servizo desde o propio SERGAS, centralizando as chamadas nun número de teléfono que sería atendido por persoal da administración pública. É dicir: unha central de chamadas pública, útil, que funcione as 24 hs do día os 365 días do ano e que libere das excesivas cargas de traballo e da precarización ao actual persoal dos centros de saúde. Moito máis racional e austero que o método empregado pola señora Farjas, non?

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto