Noticias Outras novas Outras novas Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral
 
 

Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
folgaxeral29092010webA CIG celebrou este xoves, no Pazo de Congresos de Compostela, unha asemblea nacional de delegados e delegadas para analizar polo miúdo o alcance e as consecuencias da reforma laboral e a necesidade da convocatoria da folga xeral. O secretario xeral, Suso Seixo, e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, foron os encargados de abordar estas cuestións, a partir das que se deu paso ao debate dos/as asistentes.
 
Por primeira vez na historia, as nosas fillas e os nosos fillos herdaran un futuro laboral peor do que nos recibemos ao incorporarnos ao mercado laboral.
 
29 de setembro, FOLGA XERAL
 
Material informativo en descarga:

Análise da reforma e alternativas da CIG

 

A CIG xa ten manifestado o seu total rexeitamento á reforma laboral, coa que o único que se pretende é abaratar e facilitar o despedimento sen que se resolven problemas tan graves como a grande temporalidade que existe no mercado laboral español ou a fraude que se rexistra na contratación.

 

 

Para a central sindical tamén é especialmente grave a ampliación da cláusula de descolgue, que apunta ás reformas que se queren introducir na negociación colectiva, ao trasladar unha problemática protexida polos convenios de sector ao ámbito da empresa, promovendo que sexa neste ámbito en exclusiva onde se decida se se aplican ou non as subas salariais pactadas no convenio colectivo. Esta ampliación é especialmente grave en Galiza, cunha estrutura empresarial onde o 90% das empresas teñen menos de cinco traballadores/as, o que provocará que practicamente no 90% dos casos non se apliquen os incrementos acordados.

  

Outro dos aspectos negativos que contén a reforma é o novo intento de privatizar a intermediación no mercado laboral a través de axencias de colocación, ao que hai que engadir a utilización do FOGASA para facilitar o despedimento no canto de servir para garantir o emprego.

 

Para a CIG tamén son preocupantes o conxunto de políticas que se están a propor dende o poder, que día si día tamén vai anunciando toda unha serie de reformas que ten en carteira como a do sistema de pensións, as prestacións sociais ou a negociación colectiva.

 

Diante desta situación, a CIG vén facendo, nos dous últimos anos, constantes chamamentos á necesaria mobilización social, como único mecanismo que ten a clase traballadora para defender os seus dereitos e impedir que se continúe afondando nestas políticas neoliberais. A central sindical xa manifestou que fará todos os esforzos necesarios para que a folga xeral do vindeiro 29 de setembro sexa un éxito.

     
     
     
     
     
     
     
     

    rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

    1leftarrow-icone-5226-48

     

    Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
    Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
    Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
    executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

    2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

    Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
    Se estás de acordo, preme este botón: Acepto