Noticias Outras novas Outras novas Orzamentos 2011: a consolidación dun modelo neoliberal.
 
 

Orzamentos 2011: a consolidación dun modelo neoliberal.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

De cara aos orzamentos do vindeiro ano, vanse confirmando os peores presaxios:

 

A Consellaría de Facenda di: "A Xunta de Galicia está a elaborar os orzamentos para 2011 coa previsión de que o gasto non financieiro terá que reducirse en case 950 millóns de euros, un 8,6%". Isto tradúcese no mantemento da conxelación salarial e na minorización dos orzamentos para saúde.

 

CIG-Saúde xa denunciaba os orzamentos do 2010 porque a Xunta de Galicia e o SERGAS estrangulaban a Sanidade Pública con eses orzamentos.: decrecían un 3,3% con respecto aos do 2009. Con esta anemia orzamentaria que outra cousa poderíamos agardar, máis que o que está acontecendo:

 

* En Atención Primaria, paralización do Plan Mellora coa conseguinte amortización de vacantes, perpetuación da precariedade laboral, redución de contratacións e recuperación dos contratos precarios día a día, incremento da dificultade para captar e reter aos profesionais.

 

* En Atención Especializada, as mesmas dificultades de precariedade nos contratos que en Atención Primaria, pero a maiores e o máis grave con diferencia é a introdución dos modelos PFI, que veñen a acabar co que coñecemos como Estado do Benestar, debido a un cambio cualitativo brutal como é a introdución do ánimo de lucro na sanidade.

 

Qué propomos de cara aos orzamentos do 2011, para paliar a situación?

 

cadro


É necesario que nos organicemos, outros modelos son posibles, temos que ter presente que só mediante a presión social conseguiremos parar esta brutal agresión ao sistema público de saúde, iniciada cos orzamentos do 2010 e que de non remedialo seguirá cos orzamentos do 2011.

 

Descarga e difunde no teu centro de traballo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto